SOBRE MÚSICOS AO VIVO

MÚSICOS AO VIVO é a Asociación de Músicos de Galicia. A finais deste ano 2018 cumprirá 10 anos. Neste primeiro ciclo de vida, Músicos ao Vivo converteuse nun referente indiscutible para as músicas e músicos galegos, como interlocutor lexítimo fronte á administración autonómica, estatal e internacional; e como máximo responsable da comunicación e visibilidade do sector da música galega, sen facer distinción entre tipos de música, disciplinas ou estilos.

Nestes 10 anos, Músicos ao Vivo conseguiu:

  • Establecerse como Asociación Profesional, aglutinando a máis de 300 soci@s.
  • Crear e manter o Sistema de Facturación e altas na Seguridade Social dentro do Plan de Regularización Laboral para os músicos galegos, con case 150 d@s seus soci@s facendo uso del.
  • Publicar mensualmente o seu Boletín de información, actualidade e opinión, con máis de 3.000 suscriptores activos.
  • Ofertar de xeito regular e estable o Programa de formación e divulgación a través de charlas informativas sobre Asociacionismo, Realidade Laboral do Músico, Dereitos de Propiedade Intelectual e Dereitos de Autor, e Modelos de Autoxestión para Músicos.
  • Constituír xunto con Musicat (Cataluña), MusXXI e Umtrade (Madrid) e Promusic (Canarias) a Federación Española de Músicos Asociados (FEMA).
  • Botar a andar con éxito indiscutible e por primeira vez na Historia da Música Galega, uns Premios que recoñezan con carácter universal a riqueza infinita da nosa realidade musical.
  • Constituír a primeira grande Cooperativa da Música Galega, baixo o nome Músicos ao Vivo S. Coop. Galega.

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información