PREMIADAS/-OS DOS V PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA

ENCAIXE

( COROS E GRUPOS VOCAIS )

ENCAIXE

COROS E GRUPOS VOCAIS

Encaixe amplía nos últimos anos a súa formación e repertorio para establecerse dentro da música vocal galega. As diferentes personalidades e inquietudes dos seus membros conforman unha extensa amálgama musical dentro do seu repertorio con arranxos vocais de temas de Berrogüetto, Led Zepellin, Marful, Narf, Eurythmics ou Pharrell Williams. No ano 2015 foron os gañadores do programa Oh Happy Day da TVG.

ESCOITA



LINKS

UXIA

( CANCIÓN DE AUTOR )

UXIA

CANCIÓN DE AUTOR

Uxía é unha das maiores divulgadoras da música e a poesía galegas. Nos seus máis de 30 anos de carreira artística renovou a música tradicional galega conectándoa coas culturas atlánticas, combinando alalás con morna, fado e ritmos brasileiros. Desde a súa estrea con Foliada de marzo en 1986, o seu traballo representa un punto de encontro de diferentes culturas, e creou o seu repertorio a través das suas continuas viaxes e intercambios con músicos de Brasil, Portugal, Cabo Verde ou Guinea-Bisáu, como João Afonso, Dulce Pontes, António Zambujo, Rui Veloso ou Tito Paris.

Publicou 13 discos, polos que obtivo importantes recoñecementos, entre os que destacan o Premio da Cultura Galega 2017, o Premio a Mellor álbum en galego dos Premios MIN da Música Independente de España por UXIA-O ou o Premio Crítica Galicia 2016. Entre outros proxectos, é a directora artística e alma mater do Festival Internacional da Lusofonía, Cantos na maré.

Biografía completa: www.uxia.net

ESCOITA



LINKS

THE LAKAZANS

( BLUES / FUNK / SOUL )

THE LAKAZANS

BLUES / FUNK / SOUL

The Lákazans regresa para quedarse. Dous anos tardaron en entrar de novo no estudio para plasmar o seu terceiro traballo discográfico que non fai máis que consolidar o seu talento compositivo. En ‘Sandwina’ Sabela King, Benja Vázquez e Almudena Gómez, volven tomar as rendas das melodías e as letras nun disco co máis puro son característico da banda, que abre o seu espectro blues todavía máis aínda á música americana, resolvendo con incríble facilidade en rockabillies, countries, souls e swings que non deixarán indiferente a ninguén.

Sandwina é un disco de intencións, capitaneado pola muller máis forte do mundo. Nel, preténdese debuxar ó redor da figura de Kate Brumbwach, unha vienesa do século XIX adicada ao mundo do circo, a importancia do empoderamento real da muller. É a muller a que compón todas as letras de ‘Sandwina’ e a que leva o fio narrativo do disco, confrontando sentimentos de dor e adversidade con afouteza e poder. É a muller, por partida doble, quen lidera la banda e quen lle otorga o seu rasgo distintivo e é por esto, que chegou Sandwina e ocupou a súa portada dun xeito natural, como símbolo de recoñecemento ante unha realidade para The Lákazans. 

 

ESCOITA



LINKS

GRUPO LIMóN

( ORQUESTRAS / GRUPOS / MÚSICA DE VERBENA )

GRUPO LIMóN

ORQUESTRAS / GRUPOS / MÚSICA DE VERBENA

O grupo limón formado por 6 músicos, un grupo vocal que recibe o premio especial da tvg por facer dentro música de verbena unha defensa reivindicativa constante da música galega e do idioma en cada unha das súas actuacións, tristemente contra a corrente predominante no sector. Sempre sendo moi críticos coa transculturalización que se leva facendo deste sector especialmente na última década e aportando cancións propias ou orixináis no seu repertorio.

ESCOITA



LINKS

CHOTOKOEU

( REGGAE / SKA / MESTIZAXE )

CHOTOKOEU

REGGAE / SKA / MESTIZAXE

CHOTOKOEU nace como grupo de percusión da man de Brais e Rubén a mediados do 2007, pouco a pouco vanse sumando músicos ao proxecto e comeza a súa andadura por bares e festivais de Galicia. Será no ano 2009 cando gañan o concurso Galiza Crea, o que facía pensar que a banda ía por un bo camiño. Co paso do tempo e case sen darse conta comeza a xestarse unha familia musical que vai collendo a forma de proxecto diferente e orixinal. 

A formación está composta por Marta Seco (violín e voz), Brais López (saxo e ordenador), Manuel Fonte (guitarra), Guillermo Giadanes (guitarra), David Fernández (baixo e voz) e Rubén Capelán (batería)

A súa proposta musical é variada e para tódolos públicos: unha viaxe polas músicas mestizas (reggae, ska, klezmer, balkan, swing e punk) con detalles electrónicos (electro-swing, drum&bass).

Concertos: CHOTOKOEU levou o seu show ás mellores salas e festivais de toda Galicia e parte de España (Etnosur, Iboga Summer Festival, Reperkusión, Castelo Rock, Pardiñas, etc.). Con proxección europea e internacional, a banda leva feitos 11 tours por Europa, cos que deron máis de 100 concertos en 10 países (Portugal, Francia, Bélxica, Holanda, Alemaña, Inglaterra, Austria, Suíza, República Checa e Italia).

CHOTOKOEU é considerada unha das bandas máis activas do panorama musical galego, un colectivo disposto a traballar duro por e para a música cun proxecto directo e orixinal, decidido a contaxiar de enerxía, festa e alegría a todo o mundo.

ESCOITA



LINKS

ARRHYTHMIA

( METAL )

ARRHYTHMIA

METAL

Arrhythmia é unha banda en galego con dous traballos "III" (2012) e "II" (2016) e que ven de presentar recentemente un sinxelo en formato videoclip en colaboración coa banda de rap "Rebeliom do Inframundo".

Durante estos 4 anos xiraron polos mellores festivais do país (Revenidas, Festigal, Castelo Rock, A Candeloria, San Froilán, Novo Cruceiro Rock...) e foron teloneiros de bandas de renome estatal e internacional como Berri Txarrak ou Riot Propaganda.

Atópanse inmersos na xira de "II" que acadou grandes críticas de medios e redes tanto no musical como no audiovisual.

ESCOITA



LINKS

MOUNQUP

( ELECTRÓNICA )

MOUNQUP

ELECTRÓNICA

Camille Hèdouin es una artesana del sonido. Nacida en Francia, pero gallega de adopción, lleva desde los 15 años participando con su voz en bandas de Jazz, electrónica y folk. Fue en Galicia donde comenzó a jugar con loops y samplers hasta convertirse en la artista que es hoy. Sus composiciones son un collage de texturas, formas y colores que tienen como resultado el paisaje sonoro de MounQup.

Compone en la absoluta soledad de su casa en medio de la montaña de A Bola(Celanova), rodeada de su familia y experimentando con materiales que va encontrando en su entorno. Es en el directo donde todo cobra sentido. Partiendo desde un terreno frio y árido se crean junglas sonoras sumando múltiples elementos que desembocan en el una catarsis sensorial. Pocas artistas representan tan bien la mezcla de culturas, el compromiso con ellas a través de influencias que van desde los ritmos africanos a la experimentación nórdica mas arriesgada.

Ahora presenta su primer trabajo de estudio, Proba de Son (2017), grabado en el laboratorio de Cesar “El Pana” de Carballiño de la mano del sello ourensano MOLHO. Se compone de diez cortes que definen esta primera etapa de la artista. Un encuentro de melodías sugerentes que nacen de la tierra para encontrarse con la modernidad. Temas que hablan de las problemáticas sociales que nos acechan y de las visiones que manan de las entrañas de una persona sumergida en las costumbres naturales por decisión propia. Un ensayo vital que a través de la música.

 

Después de varios meses trabajando juntos MOLHO/Mounqup hemos conseguido participar en algunos de los festivales más importantes de Galicia (Festival Internacional de Cine de Ourense,  Atlantic Fest, O Marisquiño, WOS Festival,..) en festivales de pequeño formato como BuxoFest, Festival Sea Sons, Festival Corpo a Terra, Festival dos Eidos, Festival Ao Compaz..y en salas como Liceo Mutante de Pontevedra, Nave 1939 de A Coruña, Contrabajo Vigo, El Pueblo Café Cultural de Ourense.

Gracias a este trabajo y la gran acogida de la propuesta en directo, Camille se ha alzado con el premio NARF a la Mejor Artista del año en Galicia y con el número uno en la lista de discos de Mondosonoro. También componer la cabecera del programa de cine de Radio3 “El Séptimo Vicio” de Javier Tolentino.

Ahora en 2018 toca el momento de saltar al resto de la península, con una gira nacional que pasará desde Enero por salas de Barcelona, Zaragoza, Madrid, Valencia, Oviedo, Salamanca.  También una gira portuguesa y festivales como el Superbock UNDER Fest de Vigo y Festival do Noroeste de A Coruña.

En Abril sacará su segundo album, una vuelta de tuerca a la electrónica rural que estamos ultimando antes de su estreno a finales de Marzo en el Superbock Under Fest de Vigo.

ESCOITA



LINKS

A GRAMOLA GOMINOLA

( MÚSICA INFANTIL )

A GRAMOLA GOMINOLA

MÚSICA INFANTIL

Música de alta voltaxe e humor! Esta é a proposta de A Gramola Gominola, un grupo de música para nenos de 0 a 99 anos composto por Paula Romero, Rodrigo Muñóz, Paco Cerdeira e Anxelo de Xermar. Nos seus concertos, cheos de rock and roll e momentos cómicos, faran bailar dende o primeiro minuto a todos os asistentes cos seus ritmos frenéticos e as súas divertidas letras.

ESCOITA



LINKS

BRAIS MORÁN

( MÚSICAS DO MUNDO )

BRAIS MORÁN

MÚSICAS DO MUNDO

Brais Morán comezou a súa carreira musical no ano 1997. Na primeira década do século XXI foi recoñecido á fronte de Loretta Martin, banda de referencia por ser única na música galega coa súa mestura  de funk e músicas negras en galego. Deste xeito percorre parte de Portugal e España e edita tres discos: Loretta Martin (Falcatruada ,2005), Paraíso distante (Falcatruada, 2007) e Despois da Mandinga (Autoeditado, 2012).

En 2015 emprende a súa andaina en solitario co disco Cruzando o eclipse (The Borderline Music, 2015) co-producido xunto a Arturo Vaquero, no que conta coa colaboración dun dos seus grandes referentes e influencias como é Fran Pérez Narf e con Belém Tajes (Luar na Lubre,Voodoo).

Neste 2018, despois de ser finalista na pasada edición dos Premios Martín Códax, presenta  o seu novo disco No Mato do desespero: un traballo máis ecléctico no que cristaliza de xeito natural todo o vivenciado ao longo da súa traxectoria, confluíndo tanto o funk, o folk, a música brasileira, os ecos de África, a tradición galega e as súas orixes na Costa da Morte, mesturado así dende a perspectiva dun autor de cancións de identidade única e honesta.

Actualmente conta cos músicos Fran Sanz, Marcos Pazo e Manu Seoane como banda habitual tanto no estudio como no directo.

ESCOITA



LINKS

XOSé LOIS ROMERO & ALIBORIA

( MÚSICA TRADICIONAL E FOLK )

XOSé LOIS ROMERO & ALIBORIA

MÚSICA TRADICIONAL E FOLK

Xosé Lois Romero é un dos nomes clave no rexurdimento da música popular en Galicia nas últimas décadas. Recoñecido acordeonista, percusionista e compositor formado na música tradicional, colaborou con algúns dos proxectos e artistas máis influíntes de Galicia (Nova Galega de Danza, Mercedes Peón, Fuxan os Ventos, aCadaCanto, Orquestra de Jazz de Galicia, Radio Cos, Jane Joyd, Quique Peón Cía, Xabier Díaz,...). Premiado en numerosas ocasións, a súa traxectoria está marcada pola versatilidade e a busca permanente de novos camiños de expresión, sempre dende a sensibilidade e a perspectiva galega.

Agora preséntase xunto a Aliboria, un colectivo de novos músicos galegos cos que reinventa os cantos e os ritmos enxebres de Galicia conxuntando as potentes voces das súas cantantes con innovadores arranxos para percusión tradicional cheos de forza, raza e terra. As mulleres e homes que conforman Aliboria representan unha nova xeración de músicos cun coñecemento profundo do seu folclore e cunha gran calidade técnica, un equipo perfecto para dar un novo paso adiante na evolución da música popular galega, que está a vivir o seu momento máis fértil e en permanente proceso de actualización.

A música de Xosé Lois Romero & Aliboria combina as voces ancestrais da tradición oral de Galicia coa forza e o colorismo multitímbrico de bombos, pandeiros, pandeiras, tixolas, tarrañolas, cunchas, pandeiretas, latas, tambores, sachos… e todo interpretado coa frescura e a enerxía que os seus membros ofrecen en directo.

ESCOITA



LINKS

DIÁSPORA ROBERTOLIVEIRA

( MÚSICA CLÁSICA / CONTEMPORÁNEA )

DIÁSPORA ROBERTOLIVEIRA

MÚSICA CLÁSICA / CONTEMPORÁNEA

DIÁSPORA novas músicas de aquí e de acolá e o segundo traballo discográfico de Robertoliveira de novas composicións para percusión e electrónica de compositores galegos e arxentinos. Un crisol de tradición e vangarda, con un ir e vir sonoro de diferentes texturas que dan forma a temáticas antigas; Naturalis Historia, obra baseada na enciclopedia escrita no s.I por Plinio o vello; ou Akompaña baseada nunha das lendas máis escalofriantes da tradición oral galega como e a santa compaña, levadas a linguaxe mais moderna da electroacústica. Novas Músicas Galego-Arxentinas brindando unha agarimosa homenaxe a tódolos emigrantes.

 

Robertoliveira [Salceda de Caselas 1979]. Percusionista especializado no comisionado e estreno de obras, especificamente para percusión, electrónica e arte visual sincronizado [música electroacústica] de novos compositores nacionais e internacionais, con unha posta en escena que se convirte en toda unha experiencia multisensitiva.

Robertoliveira completa os seus estudos de licenciatura en percusión no Koninklijk Conservatorium da Haia [Países Baixos]. Continúa seus estudos de "master in music performance/chamber music" na Royal Irish Academy of Music de Dublín [Irlanda], obtendo a distinción "First Class Honours” pola DCU Dublin City University. 

Realiza concertos como solista, tamén con ensembles contemporáneas e orquestras sinfónicas xunto a destacados artistas, directores e compositores actuais, en salas de concerto e festivais de países como Portugal, Francia, Bélxica, Holanda, Alemaña, Dinamarca, Noruega, Hungría, Italia, Chipre, Austria, Luxemburgo, Eslovenia, Eslovaquia, Suíza, Irlanda, Irlanda do Norte, Inglaterra, Marrocos, Arxentina, Brasil, México, Estados Unidos, Filipinas, Taiwán, China e Letonia.

Robertoliveira está considerado un dos artistas mais creativos, atrevidos e innovadores do panorama musical contemporáneo.

ESCOITA



LINKS

SOM DO GALPóM

( HIP-HOP / MÚSICAS URBANAS )

SOM DO GALPóM

HIP-HOP / MÚSICAS URBANAS

O grupo formouse em Decembro de 2005, momento no que comezamos a ensaiar nun galpón dunha aldea chamada A Moninha, que está perto de Compostela. Durante o ano 2006 chegaron os primeiros concertos e dende aquel intre a banda non deixou de percorrer locais e escenarios por toda Galiza e parte do extranxeiro.

Dende o primeiro día a aceptación do público foi increible e cada concerto fixo que medráramos para dar o mellor de nós... Inda seguimos ca mesma teima e pensamos que Som do Galpom é un grupo de directo; e o directo, un bó lugar onde poder desfrutar da música que facemos.

O realmente importante do proxecto é a ilusión ca que traballamos dende o comezo; todo ese esforzo estivo encamiñado a crear un son própio de horizontes descoñecidos para nós. A idea inicial era a de fusionar diferentes estilos musicais dándolle moita importancia á mensaxe que queríamos transmitir. Queríamos facer unha música orgánica tocada por nós fuxindo de arranxos electrónicos. Os nosos temas teñen un pouco de funk, un pouco de reggae e un pouco de rap, polo tanto lle chamamos funki-reggae-rap.

O grupo sempre estivo moi activo á hora de participar en concursos para grupos non profesionais ( Certame musical Terra e Língua, Galiza Crea, Nsaio no camiño, Fundation reggae festival...) e non nos foi nada mal xá que fomos galardonados en moitos deles, o máis importante foi o Nsaio no camiño 2008.

As nosas primeiras gravacións a modo de maquetas foron feitas en diferentes estúdios : Savia Records, Radiogalega, Onirama estúdios... No ano 2009 gravamos o noso primeiro disco “Em terra de ninguém” (mesturado e masterizado nos estudos Casa de Tolos). Para o noso segundo traballo de estudo (“A galinha de Troia”) houbo que agardar ata Novembro de 2013, e foi gravado e mesturado en Oceano estúdios, a producción musical estivo a cargo de Javier Abreu e o mastering se fixo en Mastering Mansion (Madrid).

Neste ano 2018, despois dun parón de mais de un ano comezamos unha nova etapa con enerxias renovadas,caras novas e un novo espectáculo.

Formación:

-Gael (voz)

-Brais (violino)

-Guille (guitarra)

-Iván (baixo)

-Pablito (bateria)

ESCOITA



LINKS

YAGO VAZQUEZ TRIO

( JAZZ / MÚSICAS IMPROVISADAS )

YAGO VAZQUEZ TRIO

JAZZ / MÚSICAS IMPROVISADAS

Yago Vázquez é un pianista vigués residente en Nova Iorque. Comeza os seus estudos no Conservatorio de Música de Vigo, e máis tarde estudia en Escola Estudio de Santiago de Compostela e no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra.

No 2008 Yago Vázquez vaise a Nova Iorque cunha bolsa de estudios para The New School for Jazz and Contemporary Music onde se gradúa no 2010. Alí ten a oportunidade de estudar con profesores coma Junior Mance, Sam Yahel, Kevin Hays ou Jane Ira Bloom..

Na súa carreira tocou con músicos coma Reggie Workman, Billy Harper, Drew Gress, Jeff Hirshfield, Scott Lee, David Schnitter, Jamie Baum, Gilad Hekselman, Joe Martin ou Ingrid Jensen, etc. E actúa nos clubes máis pretixiosos da cidade: Jazz at Lincoln Center, Blue Note, Jazz Gallery, Jazz Standard, Smalls Jazz Club, Smoke, Fat Cat, Birdland, Minton’s, etc.

Yago Vázquez tamén participa en numerosas xiras internacionais en Alemaña, Suiza, Francia, España, Portugal, Inglaterra, República Checa, Estados Unidos, Mexico, Guatemala, Honduras, Salvador, Nicaragua, Costa Rica, Chile ou Corea.

Actualmente Yago é integrante de bandas coma David Schnitter Quintet, Stream (Yago Vazquez/Scott Lee/Jeff Hirshfield), Beekman (Kyle Nasser, Yago Vazquez, Pablo Menares, Rodrigo Recabarren) ou Tobias Meinhart “Natural Perception” con Ingrid Jensen. Yago conta con máis de 30 álbumes na súa discografía.

ESCOITA



LINKS

IGMIG - AI QUE LíO

( ROCK )

IGMIG - AI QUE LíO

ROCK

Despois do seu delirante primeiro traballo, Shaishakarraskaishe, os Igmig voltan á carga con Ai que Lío, un disco que se presenta ao público no 2017, cargado de sorpresas, sentido do humor e inimaxinables combinacións sonoras tan características da banda.

Fieis a súa explosiva mistura de rock, electrónica, música contemporánea e world music, Ai que Lío reflicte con claridade e contundencia o enorme oficio, liberdade creativa e sentido do humor sen límites que caracterizan a esta banda viguesa, formada por Mig, Seoane (guitarra/voz) Nacho Muñoz/madamme cell (electrónica, voz) e Suso Alonso (percusión / voz).

ESCOITA



LINKS

ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS

( POP / INDIE )

ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS

POP / INDIE

Eladio y los Seres Queridos tras ganar el Premio MIN de la Música Independiente 2017 a mejor álbum en gallego por Cantares, vuelven a su entorno natural con un nuevo disco llamado Historias de caza; 32 minutos de perfecta factura pop con las melodías y estribillos a las que el grupo nos tiene acostumbrado y letras de Eladio Santos que, una vez más, escribe actualizando con brillantez cánones clásicos desde la naturalidad y la frescura.

En este disco la banda ha trabajado en la composición de algunos temas con Jorge F. Ojea, Pablo Lesuit y Esther Zecco. Al contrario que en los anteriores trabajos, el disco ha sido producido y grabado por el mismo grupo en su estudio casero. Ese clima les ha permitido hacer un disco atrevido, lleno de colores y dinámica, con ritmos y timbres que nunca habían manejado antes. Tanto es así que incluso han incluido una versión de la Leyenda del tiempo de Camarón.

Así nos lo explican ellos mismos:

Siendo sinceros, haber grabado nosotros este disco, en casa, sin productor ni ingeniero no es un ejercicio de honestidad, un manifiesto “doityourself” ni nada de eso; realmente no teníamos opción, ya lo habíamos hecho con “Cantares” y era lo que más nos apetecía.

 

Decidimos hacer todo lo que no se suele hacer grabando un disco; le dimos rápido al REC, no aislamos nada, no cerramos la puerta ni las ventanas, se coló el sonido de la lluvia, los niños en el salón o los perros del parque. No iba a ser un álbum grabado en un estudio y no debería sonar como un álbum grabado en un estudio. Queríamos que el sonido se situase en un lugar acogedor y doméstico y que el oyente se sintiese con nosotros en ese espacio.

 

Necesitábamos ese clima para hacer un disco atrevido, lleno de colores y dinámica, con ritmos y timbres que nunca habíamos manejado. Creemos que hubo suerte y magia, pero también mucho trabajo. Habíamos conseguido buena microfonía, conocíamos la escucha y pudimos invertir tiempo en probar cosas. Como toque final regrabamos la batería en Radar Estudios de Vigo y masterizamos en Metromastering en A Coruña.

 

Como siempre, o quizás más que nunca, el centro fue cada una de las canciones. Le dimos a todas mucha identidad propia y queríamos que todas juntas pareciesen una recopilación de discos y momentos diferentes. Intentamos desdoblarnos, cantar vidas propias y ajenas o acabar de contar las vidas de otros porque no es el álbum de un solo autor y no debería sonar como el álbum de un solo autor.

 

Esta tribu fantasmal reunida alrededor de un fuego y quinientas tardes con los seres queridos dieron como resultado “Historias de Caza”.

 

Nos ayudó a conseguirlo gente muy talentosa. Hay colaboraciones en la composición, también en el sonido de las canciones, la producción... son todos algo más que artistas invitados.

 

En el campo de la ejecución además de los seres queridiños de siempre (Eladio Santos, David Outumuro, Uka - Oscar Durán, y Marcos Vázquez) hay voces de la Ari Magritte, guitarras de Jorge F. Ojea, la voz, el charango y un piano de Pablo Perozo (Pablo Lesuit) y las trompetas de David Rial.

 

La lista de canciones, sí... hay una que se llama “Tormenta” y otra que se llama “Tormenta y Tú”, son tormentas diferentes y es pura casualidad, también incluimos el primer tema instrumental de nuestra discografía y “La leyenda del Tiempo” de Camarón de la Isla

 

 

La banda está disponible para entrevistas!!

Contacto prensa - Uka (Oscar Durán):

prensa@eladioylosseresqueridos.es // +34 655 386 815

 

 

+ INFO:

 

Web: www.eladioylosseresqueridos.es

Facebook: https://www.facebook.com/Eladio.y.los.Seres.Queridos/

Twitter: https://twitter.com/Eladioylosseres

Instagram: https://www.instagram.com/eladioylosseres/

YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCa4CY0US80jPUJisgbaA-Ww

Instagram: https://www.instagram.com/eladioylosseres/

 

Premios MIN de la música independiente 2012: Nominación a mejor videoclip por “Tiempo Futuro”.

Premios Galegos da Música Martín Códax 2013: Premio a mejor banda de indie y pop.

Premios Galegos da Música Martín Códax 2016: Nominación a mejor banda de indie y pop.

Premios MIN de la música independiente 2017: Premio a mejor álbum en gallego por “Cantares”

ESCOITA



LINKS

QUIQUE ALVARADO E PEPE BORDALLO

( Honorífico )

QUIQUE ALVARADO E PEPE BORDALLO

Honorífico

O Premio Honorífico Músicos ao Vivo deste ano 2018 ven a recoñecer a dúas persoas que comparten un compromiso e unha traxectoria vital relacionada coa música que dificilmente adoitan ser recoñecidos, pero que fan deles referentes da música galega actual. Un premio "ex aequo" por primeira vez na historia dos Premios Martín Códax da Música

.

Falamos de Quique Alvarado e de Pepe Bordallo. Dous músicos de "banda", músicos estruturais que comparten a condición de "baixista", acostumados a ese "segundo plano" lonxe dos focos de interese principal dos medios. Músicos valentes, que abordaron ao longo da súa carreira musical multitude de estilos. Cunha traxectoria extensa, acompañando a grandes artistas e formacións do panorama galego, español e internacional. Outeiro, Candeais, Bibiano Morón, Alberto Cortez, Los Zuecos, DOA ou Los Diávolos son algúns exemplos de formacións nas que participaron Quique e Pepe

.

Persoas dun talante amable e discreto, que deixaron a súa pegada en varias xeracións de músicos grazas ao seu importante e dilatado labor docente e tamén polo seu compromiso e loita na procura da dignificación da profesión de músico e das súas condicións laborais

.

Pepe Bordallo e Quique Alvarado, un no sur e outro no norte de Galiza, son a clase de músicos aos que lles debemos moitas cousas e que merecen o recoñecemento da música galega.

ESCOITA



LINKS

GALARDOADAS/-OS DOS PREMIOS ORGANISTRUM

SALA GARUFA CLUB

(SALA)

SALA GARUFA CLUB

Sala

GARUFA CLUB proxecto que da continuidade despois de 22 anos, ao que foi a Sala Garufa ubicada na Cidade Vella da Coruña, co fin de proporcionar ao público coruñés un espazo de medio aforo, para dinamizar a actividade cultural dando cabida a todo tipo de representacións escénicas. 

Dotada dunhas infraestructuras de primeiro nivel, Garufa Club cumpre por estas datas catro anos de actividade ininterrupida, cunha programación que ronda os 170 eventos anuais.

IMAXES

SALA GARUFA CLUB
SALA GARUFA CLUB
SALA GARUFA CLUB

LINKS

RESURRECTION FEST

(FESTIVAL)

RESURRECTION FEST

Festival

O Resurrection Fest é un festival de música que ten lugar na localidade de Viveiro, provincia de Lugo. Este festival, tamén popularmente coñecido como Resu, celébrase desde 2006 anualmente durante o verán, cun programa musical centrado na escena metal, hardcore e punk. Dende o seu nacemento conseguiu convertirse nun dos festivais máis importantes de España no seu xénero pola súa especialización na música extrema. Na edición de 2017 consiguiu congregar a 86.475 asistentes,  xenerando un impacto socioeconómico de 11.2 millóns de euros na comarca.

Ao longo da súa historia, recibiu máis de 400 bandas e grupos de gran nivel e fama internacional coma Iron Maiden, Rammstein, Korn, Motorhead, The Offspring, Volbeat, Bring Me The Horizon, In Flames, Black Label Society, Megadeth, Slayer, NOFX, Lamb Of God, Refused, Five Finger Death Punch, Trivium, Down, Bad Religion, Bullet for My Valentine, Dropkick Murphys, Sabaton, Mastodon, Rancid, Anthrax, entre moitos outros. Este ano 2019 contará coa presencia de varias lendas da música como KISS, Scorpions, Prophets of Rage, Megadeth, Ghost, Stone Sour e ata 100 bandas en total, situando Galicia como punto de peregrinaxe para miles de fans da música e converténdose nun dos principais festivais a nivel europeo. A organización espera bater todos os records de asistencia o próximo xullo.

IMAXES

Resurrection Fest
Resurrection Fest
Resurrection Fest
Resurrection Fest

LINKS

ÁBRETE DE ORELLAS

(MEDIO DE COMUNICACIÓN)

ÁBRETE DE ORELLAS

Comunicación

Ábrete de orellas é un punto de encontro onde (re)descubrir e compartir músicas. Xurdiu en 1997 coma programa radiofónico na emisora universitaria de Ferrol e a partir de aí creceu colaborando e aprendendo tamén en medios escritos, internet ou televisión. Co cambio de século consolidouse na Internet coma o medio de comunicación musical onde se atopan as propostas feitas na Galiza e as que nos visitan.

Desde a paixón e o entusiasmo, á marxe de modas e etiquetas, en Ábrete de orellas conviven os diferentes estilos, sen présas e sen elitismos, con curiosidade e poucos prexuízos. A axenda orelluda, aberta e independente, está ao servizo das salas, produtoras, artistas e festivais do país e, sen patrocinios nin incentivos económicos, a páxina en facebook superou 3000 seguidoras.

Tras regresar ás ondas de Rádio FilispiM en outubro de 2013, non falta á cita semanal cun programa que arestora redifunden todas as emisoras da Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias, así como Radio Redondela e Radio Negreira.

O que din de Ábrete de orellas

“Um autofalante necessário e decididamente alternativo para quem quer conhecer e reconhecer o mundo da música sem bipartidismos, com as orelhas abertas a todas as ondas.” Uxía Pedreira (Chouteira, Marful, aCentral Folque ...)

“Ábrete de orellas supón abrirse a descubrir talentos ocultos, rememorar concertos vividos ou envexar a quen os viviron. Supón independencia e fuxida das modas. Cando Abres as orellas a vida soa mellor.” Tomi Legido, programador musical

abretedeorellas.com, referencia da actualidade, crítica, axenda e publicacións da música popular, é un espazo necesario e modélico dentro do xornalismo online galego. aCentralFolque

“Unha forma paixonal de entender a música dende Galicia onde ten cabida aquelo que ofrece creatividade e calidade” Xavier Valiño, xornalista musical

“Ábrete de Orellas é un espazo para a música. Nestes tempos de intensa vida dixital baleira de contidos resulta gratificante atopar unha web na que se fala da música con criterio, onde a crítica non está manipulada por intereses comerciais e se di o bo e o menos bo dos discos, dos concertos e dos músicos e sobre todo onde queda claro que a xente que está detrás dela fai honra ó nome e ten as orellas ben abertas.” Fernando Abreu (2uS, Cuarteto Caramuxo, Banda Crebinsky...)

“Atento a músicas que para a maioría dos medios, masivos ou non, son como mínimo subterráneas.” Martin Wu (The Homens, Grampoder...)

"portal galego de lecer, radio, web, por un tempo colaboracións televisivas, ... parabéns por toda a info que nos ofrecedes” Daniel Alonso (O Neno Ellitott, Os amigos dos músicos ...)

“Ábrete de Orellas contribuye día a día a escribir la historia de la música popular de nuestro país y es uno los mejores lugares para descubrir canciones con alma.” Manolo Bertrán (Doctor Divago)

seareir@s en facebook

“Artesanato e paixón. Ábrete de orellas é un referente.”, Casa Amelia dixit

“lugar onde podes atopar de xeito claro, dende información, opinións, suxerencias de todo tipo de actividades culturais”, Merce

“Uma fiestra de informaçâo. Que nâo e pouca coissa. Um programa musical de radio como deberían ser tudos. Sem máis, sem postureo.”, Sapoconcho

“Unha porta aberta á cultura musical”, Illa Natura

“Me interesa la información cultural que nos ofreceis, difícil de obtener por otros medios, además sois muy cercanos.”, Marta Molina

LINKS

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información