SALA DE PRENSA

Asociarse “une e da a coñecer ás músicas e músicos”

Esta é a crenza de Mamá Cabra, gañadores na categoría de música infantil na primeira edición das premios e que na actualidade se atopan inmersos na preparación dun disco de panxoliñas

07-11-2014 12:00 PMCM


Inmerso na preparación nun novo disco de panxoliñas para este Nadal, o grupo Mamá Cabra recoñece que recibir o I Premio Martín Códax da Música na categoría de música infantil “foi algo moi grande, un apoio ao que facemos, ao que fan os músicos de calquera categoría”.

 

Para esta agrupación que veu nacer a súa primeira canción nunha biblioteca, en Galicia “o mellor que temos musicalmente é unha base única que é a nosa música, pero a partires de aí hai que construír e non deixar de percorrer ningún camiño, sobre todo os camiños da imaxinación e as emocións”.

 

Destacan da pasada celebración que “o mellor foi compartir a mesa e o espazo cos que coma nós fan música para nenos e nenas” e afirman ser partidarios de asociarse, xa que Músicos ao Vivo “une e da a coñecer ás músicas e músicos”.

 

Imaxe: Mamá Cabra nunha das súas actuacións (Iñaki Abella – Faro de Vigo)

 

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información