SALA DE PRENSA

“Galicia conta coa calidade dos músicos e músicas do país”

Así o recoñecen Transilvanians, gañadores dos I Premios Martín Códax da Música na categoría de reggae, ska e mestizaxe, que neste 2014 presentan "Echo, Vibes & Fire".<

30-10-2014 18:00 PMCM


Transilvanians, gañadores da primeira edición dos Premios Martín Códax da Música na categoría de reggae, ska e mestizaxe, afirman que os premios non cambiaron nada agás “a propia satisfacción de que os compañeiros nos premiasen”. Inmersos no lanzamento do seu novo traballo, “Echo, Vibes & Fire”, e recén chegados da súa segunda xira europea, afirman continuar “con novos proxectos en mente, na nosa faciana como backing band”.

 

A música galega conta, segundo a banda do “catacomb reggay”, coa “cantidade de boas propostas e a calidade dos músicos e músicas do país”, e tamén co “bo traballo que fan algunhas salas e festivais”. Mais botan en falta “axudas e apoios por parte das institucións, e en canto a infraestruturas tamén hai bastante que mellorar”.

 

Decláranse fans de Caxade dende a pasada edición e falan do traballo da asociación Músicos ao Vivo, da que algúns son membros, como unha labor “encomiable”. Ademais ofrecen aos premios o seu voto de confianza ao afirmar que están “seguros de que será aínda mellor ca do ano pasado”.

 

Vídeo: Os Transilvanians trasládannos a súa visión sobre a primeira edición dos premios.

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información