SALA DE PRENSA

“O orgullo por ser premiados polos compañeiros de profesión"

Isto é segundo a Banda Crebinsky o mellor de ter gañado a categoría de músicas do mundo dos I Premios Martín Códax da Música en plena preparación do seu disco "Zircus Affe".

23-10-2014 12:00 PMCM


A Banda Crebinsky, gañadora na categoría de músicas do mundo da primeira edición dos Premios Martín Códax da Música, resalta do feito de ter alzado o seu Melómano “o orgullo sentido por ser premiados polos compañeiros de profesión”.

 

Inmersos nos preparativos do que será o seu próximo disco, “Zircus Affe”, co que pretenden percorrer Europa, resaltan como punto forte do panorama musical galego “a creatividade e a diversidade”, por contraposición ao que segundo eles ten que mellorar, “a distribución e comercialización”.

 

Recoñécense “moi seguidores da música que se fai no noso país” e cren que o traballo de Músicos ao Vivo é “labor indispensable”, de aí que algúns membros da banda se asociaran despois da primeira edición. Resaltan ademais como factor fundamental a lograr por estes premios “a repercusión nos medios, toda visibilidade é sempre pouca”.

 

Imaxe: A Banda Crebinsky recollen o seu Melómano ao mellor grupo de músicas do mundo da pasada edición (Foto: Xabicas)

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información