SALA DE PRENSA

Sorpresas e consagrados entre os finalistas

Nun acto sinxelo e moi familiar, a Asociación de Músicos ao Vivo fixo pública onte a lista dos finalistas dos I PREMIOS GALEGOS DA MÚSICA MARTÍN CÓDAX.

16-11-2013 17:14 PGDM


Foi no transcurso da primeira Festa de Nomeados do certame que se celebrou nas instalacións das Bodegas Martín Codax, en Cambados. Nomes esperados pero tamén moitas sorpresas nos resultados desta1ª rolda de votacións:

Pop e indie
- Xoel López
- Eladio y Los Seres Queridos
- TERELAND

Rock, blues, funk &soul
- NARF
- Cró!
- Foxy Freire

Jazz e músicas improvisadas
- Abe Rábade Trío
- Marcos Pin Factor E-Reset
- Paco Charlín "Flood"

Hip-Hop e músicas urbanas
- Dios ke te Crew
- Wöyza
- García MC

Música clásica e contemporánea
- Taller Atlántico Contemporáneo
- Orquestra Vigo 430
- Vertixe Sonora Ensemble

Folque
- Berrogüetto
- Cuarteto Caramuxo
- Caxade

Música tradicional galega
- Treixadura
- Davide Salvado Trío
- Cantigas e Agarimos

Músicas do mundo
- Banda Crebinsky
- 2us
- Germán Díaz Método Cardiofónico

Música infantil
- Mamá Cabra
- A Nena e o GrilonunBarquiño
- Pablo Díaz e a Banda Tic Tac

Electrónica
- Das Kapital
- Aquofono
- Sub Rosa

Metal
- Machina
- Nao
- Tálesien

Reggae, ska&mestizaxe
- Transilvanians
- Dakidarría
- Cuchufellos

Orquestras, grupos e música de verbena
- A Magnifique Bande
- Os da Ría
- Orquestra Os Modernos  

María Garrido, Directora de Mercadotecnia de Bodegas Martín Códax, deu a benvida aos asistentes e destacou a calidade musical que hai en Galicia. "A adega estivo vinculada dende a súa fundación á cultura galega que é signo distintivo da nosa terra e é unha honra para a nós dar nome aos I Premios Galegos dá Música: os Premios Galegos da Música Martín Códax".

O acto estivo conducido por Xacobe Martínez Antelo, voceiro de Músicos ao Vivo e músico con multitude de proxectos que agradeceu “a implicación dos músicos galegos neste proxecto ilusionante que en tan so un mes logrou reunir a 521 proxectos e que a día de hoxe converte a web dos premios www.premiosgalegosdamusica.com na plataforma de música galega máis importante do momento”.

A esta primeira festa de nomeados asistiron tamén os representantes das institucións patrocinadoras desta primeira edición dos premios –o director da Agadic, Jacobo Sutil, e Anxos Riveiro, concelleira de Cultura de Pontevedra–, que felicitaron a todos os nomeados e reiteraron o seu apoio a esta iniciativa da Asociación de Músicos ao Vivo.

Os asistentes puideron disfrutar dunha cea servida polo restaurante compostelán Abastos 2.0 e acompañada polos viños das Bodegas Martín Códax. Coa festa dos nomeados, comeza a conta atrás para a gala de entrega dos I PREMIOS GALEGOS DA MÚSICA que se celebrará o 13 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Podedes seguir as novidades do certame en: 

http://www.facebook.com/Premios.Galegos.Musica

https://twitter.com/prgalegosmusica

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información