SALA DE PRENSA

Entrevista a Das Kapital

A “célula agit-prop electrónica” Das Kapital considera que “calquera iniciativa que contribúa á construción dun campo cultural autónomo parécenos positiva. E os Premios Galegos da Música Martín Códax parécenos unha delas".

14-11-2013 14:34 Das Kapital. Electrónica


Constituído como grupo a comezos de 2011 en Santiago de Compostela, Das Kapital está composto por Marcos Paino (mandos electrónicos), Leo Fernández Campos ‘O Leo’ (voz) e Daniel Salgado (sintetizadores dixitais e letras), e conta con colaboradores como David Ageitos (guitarras), Doctor Chou (guitarras e sintetizadores), Tomás Ageitos (controis) e Xosé Carlos Hidalgo (deseño gráfico). A finais de 2012 autoeditaron o seu primeiro disco, ‘Ruído negro’.

A Das Kapital parécelles “positivo que se habiliten espazos de discusión, debate crítico e confrontación de propostas musicais. Que ese espazo sexa independente, autónomo, que escape de experiencias case coloniais e de imitacións ateigadas de autoodio, que procure non reproducir vicios, teimas ou erros de modelos análogos en campos culturais cercanos -o portugués ou o español-, ou que polo menos se dirixa cara aí, sería o desexábel”.

Para escoitar a súa música podedes descargar o seu disco, que conta con licenza creative commons, en http://daskapital1.bandcamp.com/. Tamén podedes atopalos en Facebook ou na conta de Twitter @DasKapital_Grec.

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información