SALA DE PRENSA

Entrevista a Monty Prieto

O rapeiro vigués Monty Prieto afirma estar “encantado de participar nestes premios” e engade arredor dos Premios Galegos da Música Martín Códax que “xa facía falta un proxecto coma este".

12-11-2013 13:27 Monty Prieto. Rapeiro vigués


Engade Monty que a iniciativa era necesaria "porque hai moita calidade nesta terra e moitos músicos con gran talento, eu particularmente estou orgulloso da música da miña terra”.

Monty Prieto é músico, promotor e propietario do selo e estudo de gravación, mestura e mastering Emewey Estudio. Ademais vén de publicar o seu último traballo discográfico, “Rincona 78”. O artista vigués agarda “coñecer máis grupos e xente fora do meu estilo, independentemente de que sexan ou non do meu gusto, porque realmente en Galicia hai calidade”.

Podedes escoitar o novo proxecto de Monty Prieto en https://soundcloud.com/#montyprieto e contactar directamente con el a través do seu Facebook (https://www.facebook.com/montyvigo) e a conta de Twitter @montyprieto.

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información