SALA DE PRENSA

Entrevista a Caxade

Caxade é o proxecto persoal de Alonso Caxade, quen valora sobre todo os Premios Galegos da Música Martín Códax “por estar organizados pola base musical trabalhadora deste país".

07-11-2013 15:02 Caxade, banda de indie-folk


Engade Caxade: "Vam ser uns prémios entre pessoas companheiras que sacham, com diferentes ferramentas, na mesma leira, isso é o bonito”.

Nado inicialmente a finais de 2012 como proxecto audiovisual transgresor, Caxade é neste momento unha banda “de indie-folk cum arrecendo a música minimalista e sons bucólico-pastorís da velha Europa”. Despois de ter xirado no verán coa formación composta por Manu Paino (trompeta e carillón), Maria da Pontraga (pandeira e voz), Manu Espinho (bombardino) e Xosé Tunhas (batería), o grupo está a gravar o seu primeiro disco que sairá a finais de novembro do 2013 da man de Discos da Máquina.

Alonso Caxade define estes premios como “um ponto de partida, um início para dar a conhecer os projectos que fazemos. Toda visibilidade é pouca, e sempre ajuda a que a música e a cultura formem parte do dia a dia das pessoas e também a que seja reconhecida como um ofício, aínda que nom por isso signifique que todos os músicos se tenham que adicar profisionalmente. Os prémios em si mesmos, também som um ponto de partida, nom se devem pensar só como algo que vai acontecer este ano. O tempo irá marcando os possiveis ajustes, de ser necesários, o importante agora é botá-los a andar”.

Se queredes participar do universo de Caxade podedes visitar a súa web http://caxade.wordpress.com/, a súa páxina de Facebook (https://www.facebook.com/caxademusica) ou o seu perfil en Twitter, @alonsocaxade.

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información