SALA DE PRENSA

Entrevista a Tálesien

A banda galega Tálesien considera os Premios Galegos da Música Martín Códax “un proxecto necesario para o recoñecemento da música en Galicia".

05-11-2013 15:07 Tálesien, banda de metal galego


Tamén cren que esta iniciativa servirá "para dar a coñecer grupos que levan anos traballando, sacando discos, facendo concertos dentro e fora das nosas fronteiras”.

En máis de dez anos de carreira Tálesien teñen publicado tres traballos discográficos: “The Blind Carpenter”, “Melancolía” (2008) e “El Silencio” (2012). Na actualidade, como comenta o seu guitarrista, Juan Carlos Cotelo, ao Boletín de Músicos ao Vivo (http://www.musicosaovivo.com/articles/view/291), “estamos traballando nos novos temas para o que será o cuarto disco da banda”.  Este grupo de metal galego agarda da celebración dos premios “un día onde a música feita en Galicia en todas as súas vertentes é a protagonista, un punto de encontro de moitos músicos de diferente pelaxe e a mesma paixón”.

Música, vídeos, información sobre o grupo e ata unha tenda en construción é o que ides atopar na súa web http://talesien.com/. Tamén podedes descubrir máis cousas na súa páxina de Facebook (https://www.facebook.com/pages/Talesien-Oficial/326397790752670) e na conta de Twitter @Talesienoficial.

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información