SALA DE PRENSA

Entrevista a Trampoline

Trampoline considera os Premios Galegos da Música Martín Códax “una boa idea por varias razóns. Primeiro, a música galega parece estar pasando por un momento inmellorable e estes premios serán unha boísima oportunidade".

31-10-2013 13:43 Trampoline, grupo de pop


Unha oportunidade, aclaran, "para que a música, de tódolos estilos, estea de novo no punto de mira do público galego e que este poida darse conta do que se produce en Galicia e que o celebre e desfrute. En segundo lugar, un premio, como calquera outra convocatoria ou promoción, sempre empuxa a proxectos xa establecidos e fai que se orixinen proxectos novos liderados por xente que sinte que, a pesar da crise económica e moral, a escena e a adecuada para a súa expresión artística e persoal a través da música”.

David Tizón, Marcos Rivera e Iago Fernández son Trampoline, un proxecto de pop en inglés “con influencias musicais moi variadas, dende o folk americano ata o pop británico”. Despois dunha primeira aproximación ao mercado discográfico con “Fog EP” o ano pasado, o grupo vén de publicar este mes o seu primeiro álbum, “Motivations”. Trampoline agarda dos premios “coñecer novos e interesantes proxectos a través da web dos premios e tamén que se lles preste recoñecemento a aqueles proxectos que máis o merezan, independentemente de a que estilo ou industria pertenzan”.    

Se queredes escoitar a súa música está accesible en http://trampoline.bandcamp.com/ e para saber máis sobre eles podedes visitar o seu blog http://trampolinemusic.tumblr.com/, a súa páxina en Facebook (https://www.facebook.com/trampolinemusic) ou o seu Twitter @trampolinemusic.

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información