SALA DE PRENSA

Entrevista a Dakidarría

Para os 8 músicos de Dakidarría os Premios Galegos da Música Martín Códax son necesarios “porque a nosa terra, tendo tantas e tantas agrupacións musicais e moitísimas cun gran nivel, non conta cuns premios da música".

30-10-2013 00:08 Dakidarría, grupo de ska, reggae e punk-rock galego


Premios da música que segundo eles deberían estar "á altura doutros sectores como pode ser o audiovisual cos premios ‘Mestre Mateo’. Premios que, ben xestionados, contribuirían a unha mellor promoción do panorama musical galego, tanto dentro como fora de Galiza, dándolle un pequeno empuxe a esas bandas que repuntan dentro deste ámbito”.

Dakidarría fusiona ska, reggae e punk-rock nunha clara aposta pola enerxía ou como eles mesmos afirman “unha descarga de festa e compromiso”. En seis anos de carreira teñen editado catro discos: “Fragasaurus Rex” (2005), “El futuro nunca existió”(2008), “Realidades alienantes…”(2010) e “Utopías emergentes” (2011). O grupo agarda da nosa iniciativa “que sexan uns premios abertos a todos os músicos e se valore non só características ‘comerciais’ senón aspectos varios como poden ser a traxectoria, o directo, as composicións… E por suposto, e supoño que sobra dicilo, que estea libre de ‘amiguismos’ e ‘coleguismos’, algo que por desgraza está moi presente neste mundo”.

Información sobre a traxectoria, a música, os concertos e as reflexións do grupo é o que ides atopar na súa web http://dakidarria.com/, no Facebook (https://www.facebook.com/dakidarriae na súa conta de Twitter @Dakidarria.

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información