SALA DE PRENSA

Entrevista a Pablo Novoa

Para o guitarrista Pablo Novoa a creación dos Premios Galegos da Música Martín Códax “é convinte e boa. Estou totalmente a favor porque permite crear unha maior interrelación dos músicos".

24-10-2013 12:30 Pablo Novoa, guitarrista


Considera que "imos ter máis coñecemento do traballo de moitos compañeiros, será un espello da nosa realidade musical, poderanse difundir os traballos máis sobresaíntes e premiar a moito músico que merece un espaldarazo”.

Pablo Novoa conta cunha longuísima traxectoria musical, que abarca os seus comezos en Golpes Bajos nos 80 e o seu paso por La Marabunta nos 90 ata a súa aventura en solitario no 2003 co disco “Novoa cruza el Atlántico”. É ademais compositor de bandas sonoras como a da película “Incautos” e un asiduo colaborador de recoñecidos músicos como Nacho Mastretta, Iván Ferreiro, Los Enemigos, Los Ronaldos ou Julieta Venegas. Pablo Novoa agarda destes premios “que consigamos vernos como un colectivo, un gremio que sexa consciente de que pode estar unido e, como tal, decide premiar aos seus fillos cos mellores traballos do ano e sobre todo, que pode sentarse e facer forza común nos problemas máis acuciantes da nosa profesión”.

Se queredes coñecer máis sobre a carreira e a música de Pablo Novoa podedes facelo visitando MySpace (https://myspace.com/pablonovoa) ou o seu Facebook, https://www.facebook.com/pablo.novoacid

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información