SALA DE PRENSA

Entrevista a Eladio y los Seres Queridos

Eladio y los Seres Queridos consideran que “a pesar dos tempos que corren a cultura galega e en especial a música estase a desenvolver moi ben soa e non paran de saír novas bandas de todos os estilos".

22-10-2013 12:04 Eladio y los Seres Queridos. Grupo de pop galego


Esas bandas, segundo eles "andan a facer ruido tanto aquí en Galicia como no resto do país”. Por iso opinan que a iniciativa dos Premios Galegos da Música Martín Códax “é unha forma de recoñecer o traballo dos músicos como forma profesional de gañarse a vida”.

O grupo, que xurde en 2005 como un proxecto de Eladio Santos e unha serie de colaboradores habituais, xúntase como formación definitiva a partires da publicación do seu primeiro álbum, “Esto que tienes delante” (2007), e consolídase co disco “Están ustedes unidos” (2011). Eladio y los Seres Queridos están traballando xa no seu próximo proxecto e agardan destes premios “que todos os galegos (dende os 0 ós 90 anos) estén enterados da diversidade musical que temos e lle dean o valor que lle corresponde”.

Se queredes coñecer máis da música pop de Eladio y los Seres Queridos podedes visitar a súa web, http://www.eladioylosseresqueridos.es/, a súa páxina de Facebook (https://www.facebook.com/Eladio.y.los.Seres.Queridos) ou o seu perfil en Twitter, @Eladioylosseres.

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información