SALA DE PRENSA

Entrevista a Vituco Neira

Os Premios Galegos da Música Martín Códax servirán, segundo o cantante de Ruxe-Ruxe Vituco Neira, “para darlle máis pulo e máis valor musical e cultural ó traballo dos músicos do país”.

17-10-2013 13:07 Vituco Neira. Voz e guitarra de Ruxe Ruxe


Vituco Neira conduce o programa da Radio Galega Música “Planeta Furancho”, un altofalante para a música galega contemporánea que se emite de luns a venres a partires das 23 horas. Ademais como voz e guitarra de Ruxe Ruxe, grupo constituído en Aríns en 1996 e con sete álbumes no mercado, achega aos seus seguidores música rock-punk combinada con sons tradicionais galegos. Vituco Neira agarda da celebración destes premios “que sexa unha festa da música galega na que músicos e público poidamos ter un punto de encontro e disfrute. Un momento de maxia e de enerxía necesaria que poñan á música galega no sitio que se merece”.

Podedes acceder a máis información e os podcasts do programa “Planeta Furancho” no enlace http://www.crtvg.es/rg/podcast/programa/planeta-furancho e a máis datos sobre a música de Ruxe-Ruxe na súa web http://www.ruxeruxe.com/, na súa páxina en Facebook (https://www.facebook.com/pages/Ruxe-Ruxe/64986305128?fref=ts) e na conta de Twitter @ruxeruxe.

 

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información