SALA DE PRENSA

Entrevista a Cró!

O grupo de “new visual art rock alternativo” Cró! cre que os Premios Galegos da Música Martín Códax deben servir “para axudar á promoción de proxectos musicais de calidade que non teñen o apoio da industria comercial".

11-10-2013 12:39 Cró! Grupo de rock alternativo


Cró!, unha formación que xurde en Vigo en 2007 e con cinco compoñentes (Cibrán Rey na batería, David Santos no baixo, Rubén Abad na guitarra e na voz, Xabier Núñez nos teclados e na voz e Borja Bernárdez como responsable do aspecto visual), conta con tres álbumes no mercado, cun último título editado grazas ao micromecenado chamado “ONKALO”. O grupo agarda dos premios “que sirvan para axudar a visibilizar os proxectos musicais que non se basen no éxito senón na calidade musical”.

Podedes atopar máis información sobre a súa discografía, a xira de presentación do seu novo disco e mostras da súa música na web http://www.spacecro.com/ ou no seu espazo en Facebook (https://www.facebook.com/spacecro).

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información