SALA DE PRENSA

Entrevista a Magín Blanco

Para Magín Blanco, recoñecido músico e compositor ourensán, os Premios Galegos da Música Martín Códax poden axudar a dar a coñecer e difundir o traballo da entidade promotora dos mesmos, a Asociación de Músicos ao Vivo.

09-10-2013 12:19 Magín Blanco. Músico e compositor


Magín Blanco conta cunha ampla traxectoria no panorama musical galego, dende os seus comezos no grupo La Rosa como despois en proxectos en solitario e para o público máis cativo, a través de iniciativas como María Fumaça ou O Neno e o Grilo. Segundo Magín o máis valioso que debe posuír un músico é a vocación e a problemática mais evidente da escena galega é “a necesidade de diversificar actividades para poder subsistir dado o difícil que resulta ter proxección fóra do noso territorio”.

Para coñecer máis sobre este gran músico ourensán podedes ler a entrevista que concedeu o ano pasado ao Boletín de Músicos ao Vivo: http://www.musicosaovivo.com/articles/view/260

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información