SALA DE PRENSA

Entrevista a Fernando Abreu

O clarinetista Fernando Abreu considera que a creación dos Premios Galegos da Música Martín Códax “é necesaria como ferramenta que axude a dar visibilidade a un sector".

08-10-2013 13:52 Fernando Abreu. Clarinetista


Porque coma el mesmo aclara ese sector "a pesares de estar presente na vida cotiá de muita xente precisa ser visto polo conxunto da sociedade galega coma unha auténtica industria cultural plural de gran calidade profesional”.

Este mestre e intérprete conta na actualidade con tres proxectos musicais en activo: 2uS, no que comparte protagonismo con Pablo Carrera, a popular Banda Crebinsky, e o Cuarteto Caramuxo, curiosamente composto por seis músicos, catro deles clarinetistas, que aportan a súa visión á música tradicional galega. Abreu agarda destes premios “por unha banda a participación de todos os profesionais da industria musical galega no proceso de nominacións e votacións, e por outro, chegar a todos os sectores da sociedade galega e que descubran a gran calidade coa que que se traballa no noso pais mais alo dos estilos consolidados coma o folc”.

Para coñecer un pouco máis a este gran instrumentista podedes consultar a entrevista que o boletín de Músicos ao Vivo lle adicou o pasado mes de xuño: http://www.musicosaovivo.com/articles/view/184.

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información