SALA DE PRENSA

Entrevista a Baldo Martínez

Para o contrabaixista Baldo Martínez, figura representativa do jazz contemporáneo en Galicia e en España, os Premios Galegos da Música Martín Códax “non teñen o valor real, pero si que é unha maneira de facerse visible".

06-10-2013 13:54 Baldo Martínez. Contrabaixista


Con moitos proxectos en activo na actualidade, dende o MBM Trío, xunto a Lucía Martínez e Antonio Bravo, pasando por Triez, Sons-Nús, ou o Projecto Miño, considera que o jazz “está nunha época de madurez na que hai moitos camiños a seguir e non paran de xurdir outros novos”. Baldo Martínez considera que os premios poden acadar “unha mellor visualización do colectivo dos músicos galegos e o seu traballo, así como tamén un coñecemento por parte da xente da realidade do noso traballo, sempre que se lles de o enfoque apropiado”.

Para saber máis sobre os proxectos e a visión deste gran músico, podedes ler a entrevista que Músicos ao Vivo lle fixo a comezos de ano: http://www.musicosaovivo.com/articles/view/224.

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información