SALA DE PRENSA

Entrevista a Carlos Castro

O docente e percusionista Carlos Castro agarda destes premios “a posta en valor de certas músicas, e dependendo das categorías que se creen, de certos profesionais que non están en primeira fila do escenario”.

04-10-2013 13:46 Carlos Castro. Percusionista


Membro activo de numerosos grupos da escena galega, como a Banda Crebinsky, Catroventos, Fía na Roca ou Martín Códax, Castro cre con respecto á situación actual do panorama musical en Galicia “que nunca houbo tanto músico bo en calquera xénero ou estilo, con infinidade de propostas e proxectos artísticos”, de aí a importancia dos premios “para facer visible un sector importante da nosa cultura”.

 

Máis detalles sobre a traxectoria e pensamentos deste recoñecido artista na entrevista que concedeu a Músicos ao Vivo en xaneiro deste ano: http://www.musicosaovivo.com/articles/view/226.

 

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información