SALA DE PRENSA

Entrevista a Xosé Lois Romero

O mestre gaiteiro Xosé Lois Romero considera que “as diversas convocatorias de premios tanto da música coma das artes escénicas, teñen, por riba do carácter competitivo, un claro carácter promocional, de posta en valor".

03-10-2013 17:51 Xosé Lois Romero. Mestre gaiteiro


Engade Xosé Lois Romero engade que aportan unha "mostra concentrada dos traballos que se están a facer e que moitos deles pasan desapercibidos para o público en xeral”.

Xosé Lois Romero, que nos amosa a súa faceta máis intimista en proxectos como aCadaCanto, compartindo escenario e talento con Guadi Galego, Xabier Díaz e Guillerme Fernández, agarda da celebración dos Premios Galegos da Música Martín Códax “que sexa unha celebración de toda a música galega, porque nos xunta por un día a tod@s @s que traballamos nela, algo que non ocurre en ningunha outra circunstancia”.

Dende Músicos a Vivo nos achegan unha interesante entrevista de Xosé Lois Romero que non debedes deixar de ler: http://www.musicosaovivo.com/articles/view/244.

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información