SALA DE PRENSA

Entrevista a Lendrone

“Todo o que sexa darlle folgos á música que se fai en Galicia está ben” afirman os tres membros do grupo coruñés Lendrone sobre os Premios Galegos da Música Martín Códax.

02-10-2013 15:08 Lendrone, grupo de rock galego


E engaden: “Neste momento de tanta efervescencia, dende o noso punto de vista polo menos, son importantes todas as iniciativas encamiñadas a darlle á música galega o que se merece”.

Jorge García (baixo e sintetizador), Andrés Satué (guitarra, teclados e programacións) e Juan Alvedro (batería) levan dende setembro de 2010 compoñendo cancións cargadas de experimentación, sintetizadores e rock instrumental.  A comezos deste 2013 lanzaron o seu primeiro álbum, “UNO”, editado por Matapadre, cun sonido que eles mesmos definen como unha mestura de “música experimental, instrumental, española, sintetizadores e rock”. Lendrone non son xente de premios, como eles mesmos declaran, “pero si das xuntanzas de boa xente e bos músicos que comparten preocupacións, que son moitas nos tempos que corren”.

Podedes escoitar o seu traballo en http://lendrone.bandcamp.com/ e achegarvos un pouco máis á súa visión musical a través do Facebook https://www.facebook.com/Lendrone e a súa conta de Twitter @Lendrone.

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información