SALA DE PRENSA

Entrevista a Pablo Carrera

Para o guitarrista Pablo Carrera os Premios Galegos da Música Martín Códax son “unha boa ocasión para dar a coñecer os proxectos musicais galegos ao público en xeral”.

30-09-2013 14:36 Pablo Carrera, guitarrista


Pablo Carrera conforma, xunto con Fernando Abreu, o grupo 2uS, un proxecto de música espontánea e feliz, plural e de rúa, que pretende manter a identidade dos seus compoñentes e o seu gusto polo diferente. O músico, que ten como máxima “goza co que fas” e que ve “unha Galicia musicalmente creativa e plural, chea de bos músicos de tódalas clases sobrevivindo a base de ilusión e paixón”, agarda dos premios “un evento sinxelo pero feito con bó gusto e aberto á participación de todos”.

Máis sobre a traxectoria e proxectos deste afeccionado á musicoterapia na entrevista de Músicos ao Vivo de finais do ano pasado: http://www.musicosaovivo.com/articles/view/239

 

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información