SALA DE PRENSA

Entrevista a Víctor Aneiros

O pioneiro do blues-rock en galego Víctor Aneiros apoia os Premios Galegos da Música aínda que considera prioritario abordar que “seguimos carecendo dunha infraestrutura musical galega”.

29-09-2013 19:43 Víctor Aneiros. Guitarrista e compositor


Segundo Víctor Aneiros, que nos últimos tempos vén centrando o seu traballo na promoción do disco que Víctor Aneiros Band gravou con Julie Guravich, as súas influencias “veñen do blues, e aínda que poida parecer estar tan lonxe da nosa música tradicional, non é así, penso que as músicas populares dun ou doutro xeito están relacionadas”. Este músico autodidacta considera que en Galicia “hai boa materia prima, excelentes músicos e bandas, pero o eterno dilema do galego, moitas veces hai que marchar fora”.

Moitos máis detalles sobre a traxectoria e a visión de Víctor Aneiros na entrevista que Músicos ao Vivo mantivo con el este ano: http://www.musicosaovivo.com/articles/view/217 

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información