SALA DE PRENSA

Entrevista a Sonia Lebedynski

Para a cantante Sonia Lebedynski a creación dos Premios Galegos da Música Martín Códax “é unha acción necesaria para que a música feita en Galiza traspase o ámbito artístico e chegue a toda a sociedade"

28-09-2013 17:25 Sonia Lebedynski, voz de Fía na Roca


Engade a artista que é precisa "unha cita onde conflúan diversos estilos e formacións e que teñamos a oportunidade de ir descubrindo novas propostas ‘made in Galiza’ así como que a industria musical galega sexa posta en valor”.

Sonia Lebedynski, mestra en educación musical, pedagoga e vocalista do recoñecido grupo de folk galego Fía na Roca, e que na actualidade se atopa centrada no seu proxecto en solitario, considera que é necesaria “a implicación de todas e todos e o compromiso de apoiar esta iniciativa e que esta perdure no tempo. Que fomente a creación de sinerxias entre nós e se convirta nunha nova ferramenta para visibilizar o que facemos”.

Máis opinións e información sobre os comezos e traxectoria desta gran artista na entrevista de Músicos ao Vivo: http://www.musicosaovivo.com/articles/view/215

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información