SALA DE PRENSA

Entrevista a Terbutalina

O grupo Terbutalina considera que os Premios Galegos da Música Martín Códax son “unha iniciativa moi boa para recompensar o traballo de moitos artistas galegos".

27-09-2013 12:30 Terbutalina


Terbutalina engade: "sempre e cando nós gañemos un premio e teñamos que ir recollelo a unha gala e darlle dous bicos a unha famosa presentadora que esperemos non sexa Gayoso”.

O  estilo de Terbutalina, un proxecto nado en Muros no 2010, está “a medio camiño entre o rock de jaraxe, o punk e outros sons”. Neste 2013 veñen de publicar o álbum “Ritmo serbio”, novo traballo de estudio con 13 cortes “contundentes, rápidos e directos aos pulmóns”. Os membros de Terbutalina agardan dos premios “gañar e ter un bo sitio para ver a gala con minibar e cousas así” porque como eles explican “a nós o que nos gusta é gañar e darlle nas narices ó resto de grupos galegos”.

Máis humor e información na web do grupo, http://terbutalina.blogaliza.org/, en Facebook (https://www.facebook.com/terbutalina) e no seu Twitter @Terbutalina.

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información