SALA DE PRENSA

Entrevista a Xabier Díaz

Xabier Díaz, a inconfundible voz de Berrogüetto, opina falando dos Premios Galegos da Música que “todo o que axude á visibilización do sector suma, polo que semella preciso levar adiante iniciativas coma esta”.

26-09-2013 15:48 Xabier Díaz. Voz de Berrogüetto e aCadaCanto


Xabier Díaz compaxina as súas facetas de músico e compositor en numerosos proxectos como o propio Berrogüetto ou aCadaCanto cunha laboriosa actividade como investigador e compilador do folclore tradicional galego. Ademais dirixe e copresenta xunto con Guillerme Fernández o espazo de músicas oceánicas "Tres peixes voando", que se emite todos os domingos na Radio Galega. Comenta sobre o que agarda dos premios “que sexa a festa, un ponto de encontro entre o público e os músicos e unha festa da profesión, máis aló dun momento para vérmonos e compartir”.

Se queredes coñecer máis sobre este gran cantante e músico podedes atopar máis información en Facebook (https://www.facebook.com/xabier.diaz.5)  ou na conta de Twitter @salitremusica.

 

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información