SALA DE PRENSA

Entrevista a Aid

Aida Alonso, máis coñecida como Aid, alégrase da existencia dunha iniciativa como os Premios Galegos da Música Martín Códax, que “ven moi ben para impulsar a música galega, dentro e fora do país”.

25-09-2013 16:06 Aid. Cantante de rap


Esta cantante e compositora de hip hop e música urbana vén de presentar o seu segundo álbum de estudo, titulado “Hacer Lo Que Quiero”, con grande éxito de acollida. Define o seu estilo como un “rap limpo e de valores” e agarda da celebración dos premios “que se trate con profesionalidade, que albergue todo tipo de estilos musicais, de idades, de niveis, e sexa o máis democrático posíbel. E tamén que sirva para dar un impulso á música e cultura galegas”.

Aid conta cunha web de seu, http://www.aid.gl/, e tamén podedes atopala no Facebook (https://www.facebook.com/pages/Aid/350875131042) e na conta de Twitter @aidvigo.

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información