SALA DE PRENSA

Os Modernos, premiados na categoría Orquestras/Grupos de v

Non se trata de gañar ou quedar finalista, hai que anotarse para "formar parte" e con iso crear unión. O feito de estar na web dos premios e quedar alí rexistrad@ é moi útil e interesante".

25-02-2017 22:33


Falamos c’Os Modernos sobre a situación do sector musical en Galicia; sobre o que supuxo o premio; e sobre o que andan tramando para o próximo verán. Como era de agardar o seu novo traballo levará todas as músicas que sirvan coma excusa para o baile e o arrechuche.

 

- Axudouvos en algo o feito de ser recoñecido co Premio Martín Códax na categoría de Coros e Grupos vocais? Como? 

Axudounos a ter mais difusión entre o público e os programadores, o feito de estar premiados por unha asociación de músic@s é un aval para unha banda.

- Descubristes algún proxecto musical que te sorprendera entre os inscritos nos PMCM 2016?

Houbo moitos grupos que descoñeciamos e gustounos descubrilos. Foi un achádego descrubrir proxectos na categoría de electrónica ou metal, sendo o metal un estilo ao que nun principio non somos afíns, pero escoitando os proxectos na web ves que moitas cousas che gustan. Disfrutamos moito tamén clickando no apartado de clásica, é unha categoría chea de sorpresas. Moita xente tenlle medo a este tipo de música pero hai que desterrar os prexuízos.

- Animas a outros proxectos musicais a inscribirse? 

Por suposto! Non se trata de gañar ou quedar finalista, hai que anotarse para "formar parte" e con iso crear unión. O feito de estar na web dos premios e quedar alí rexistrad@ é moi útil e interesante.

- Coñeciades a ASOCIACIÓN DE MÚSICOS AO VIVO antes de participar no certame? 

Si, en Os Modernos actualmente somos soci@s tod@s @s compoñentes. Algúns estamos desde o principio e outros fóronse incorporando.

- Que vos parece o labor que fai?  

Paréceme que a asociación fai un labor moi interesante dando visibilidade ao sector e traballando como interlocutora coas institucións. É un traballo moi necesario.

- Segundo o voso punto de vista, cales son os puntos fortes e os débiles do panorama musical galego hoxe en día? 

O punto forte do panorama musical galego na actualidade é a toma de conciencia que teñen @s músic@s sobre a profesión, e tamén a comunidade que se está a crear con grupos de traballo espallados por distintas cidades galegas que fan forza para poñer en común as cuestións que diariamente ameazan á profesión de músic@.

O punto débil segue a ser a falta dunha lei autonómica actualizada e os poucos apoios por parte da administración.

- Con quen vos gustaría compartir escenario?

Gustaríanos compartir escenario con  ‘Aureas’, un grupo formado só por mulleres que ten un estilo moi afín ao noso. Sería marabilloso poder coindidir no escenario toda a "troupe"!

- Cales son vosos teus próximos proxectos? 

Estamos traballando nun novo repertorio conformado por temas propios para sorprender ao noso distinguido público no verán e que vexan que somos xente moi traballadora  e que non se nos subiu o premio á testa :)

- Cales son as vosas influencias musicais? 

Somos fans do cuplé, de Orlando Silva e Noel Rosa, de Chiquinha Gonçaga, do tango e a muiñeira, o pasodoble e a mazurca... todo o que sirva coma excusa para o baile e o arrechuche.

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información