SALA DE PRENSA

Silvia Penide, Premio Martín Códax na categoría de Pop/Indie

“Inscribirse nos premios axuda a darse a coñecer e a facer gremio”

22-02-2017 01:03


Silvia Penide asegura que o premio foi un motor para seguir adiante; e cóntanos que aínda anda pintando todo de branco coa xira do seu último disco, pero xa está compoñendo música para o novo traballo que publicará no 2018.

 

-Axudouvos en algo o feito de ser recoñecido co Premio Martín Códax na categoría de Pop/Indie?

En todo, para min foi e é algo moi positivo, unha alegría, un motor para seguir adiante.

 

Como? 

En querer seguir traballando no día a día, nos pequenos detalles, en querer facer mellor as cousas, as cancións, os ensaios, os concertos... é unha fermosa motivación extra.

 

- Descubriches algún proxecto musical que te sorprendera entre os inscritos nos PMCM 2016?

Si, e de anteriores edicións, por exemplo "Pálida". É un xeito de poder mergullar entre discos e propostas que ao mellor non coñecería de non estar aí.

 

- Animas a outros proxectos musicais a inscribirse? 

Sí, axuda a coñecerse, a facer gremio...

 

- Coñecías a ASOCIACIÓN DE MÚSICOS AO VIVO antes de participar no certame? 

Sí.

 

- Que che parece o labor que fai?  

Paréceme indispensable e cada ano subindo escalóns.

 

- Según o teu punto de vista, cales son os puntos fortes e os débiles do panorama musical galego hoxe en día? 

O respecto entre proxectos, cada día máis visible, e o sólido das propostas é un punto moi forte. O débil, as diferentes trabas que sofren e sufriron moitas salas para poder ofrecer concertos a pesar da ilusión, agarimo, cartos, tesón, ... 

 

- Con quen che gustaría compartir escenario?

Eu cumprín varios desexos ao longo da miña carreira, poder cantar xunto a "pesos pesados" da nosa música, poder emocionarme cos seus matices e enerxías, polo que, non vou ser pedichona, vou deixar que a vida me siga sorprendendo...

 

- Cales son os teus próximos proxectos? 

Estou escribindo cancións para sacar novo traballo en 2018, en abril sacarei outro single deste último disco cunha sorpresiña engadida, e seguir xirando con "Todo pintado de plata" e FEMININOPLURAL (proxecto no que estou con Carla López sobre mulleres autoras) durante este ano.

 

- Tes algunha suxestión que facer á organización dos premios de cara á próxima edición?

Só desexar que saia todo xenial e que sexa unha festa marabillosa como en anteriores edicións.

 

- Cales son as túas influencias musicais?

Hai moita música que forma parte do meu imaxinario pero sí é certo que Javier Álvarez e Christina Rosenvinge son dous referentes máis marcados que teño dende hai anos, tanto polas súas cancións como pola traxectoria artística.

 

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información