SALA DE PRENSA

Debería existir un xurado independente á asociación

Os Foxy Freire recolleron o pasado abril o seu melómano como mellor proxecto de rock 2016 e cóntannos como se ve o panorama musical desde o sillón de mellores rockeiros do ano.

14-06-2016 15:18


Axudouvos en algo o feito de ser recoñecido co Premio Martín Códax na categoría de rock? Como?

Non especialmente, seguimos na mesma situación que estábamos antes, poucos bolos e dor de costas (risas).
 

Descubrístedes algún proxecto musical que vos sorprendera entre os inscritos nos PMCM 2016?

Si, a verdade e que descubrimos moitas bandas das que non sabíamos nin que existían.

 

Animades a outros proxectos musicais a inscribirse?

Claro

 

Coñeciadess a ASOCIACIÓN DE MÚSICOS AO VIVO antes de participar no certame? Que vos parece o labor que fai?

Coñecíamola de antes, somos socios dende fai anos. A súa existencia é fundamental.

 

Segundo o voso punto de vista, cales son os puntos fortes e os débiles do panorama musical galego hoxe en día?

O punto forte é que cada día temos máis e mellores bandas no pais, e o fraco é que a pesar disto seguimos idolatrando e poñendo en máis valor todo o que ven de fora.

 

Tedes algunha suxestión que facer á organización dos premios de cara á próxima edición?

Creo que sería interesante premiar un traballo determinado feito durante o ano, como mellor disco, por exemplo, pero que fose algo concreto, e non simplemente premiar un proxecto. Tamén penso que debería existir un xurado independente á asociación, ainda que o voto dos socios tamén tivese algún peso.

 

Cales son as vosas influencias musicais?

As nosas influencias van dende Jimi Hendrix, MC5, Led Zeppelin, Black Sabbath, Blue Cheer, Leaf Hound, Cream o Grand Funk Railroad, ate bandas máis recentes como Queens of the Stone Age ou Fu Manchu.

 

Con quen vos gustaría compartir escenario?

Con MC5 no Grande Ballroom de Detroit, alá polo ano 68.

 

Cales son os vosos próximos proxectos?

Por agora seguir ensaiando e escribir música nova.

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información