SALA DE PRENSA

Entrevista a Sub Rosa

"Botamos en falta unha industria forte e máis circuítos para poder tocar, especialmente no noso ámbito, a electrónica"

10-03-2016 08:07


O grupo gañador na categoría de electrónica durante a pasada edición asegura que o premio axudoulles a visibilizar o seu proxecto, no que continúan inmersos cada vez con máis ganas, a piques xa de publicar un novo disco co selo navarro de electrónica Sofá Tunes.

 

Declaran que para el@s a maior descuberta musical da pasada edición foi o seu compañeiro de categoría Pálida, “co que por certo tivemos a sorte de compartir concerto máis tarde. Agardamos que gañe este ano!”.

 

Coinciden coa maioría dos gañadores á hora de sinalar como punto forte do panorama musical galego “a cantidade de xente con propostas en todos os estilos”; e como punto débil “a falta de industria e de circuítos para poder tocar, especialmente no noso ámbito, a electrónica”.

 

Sub Rosa cre que “sería interesante que houbera categorías máis xenéricas (estilo mellor disco do ano, mellor artista revelación etc) que reflexaran o compoñente estacionario da música dese ano”. 

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información