SALA DE PRENSA

Entrevista: Pablo Díaz e a Banda Tic Tac Toc

“A falta de infraestructura na industria cultural e o escaso ou nulo apoio nos medios de comunicación provoca que bandas e intérpretes fantásticos teñan moi pouco traballo ou desaparezan”

22-02-2016 09:47


Pablo Díaz e a Banda Tic Tac Toc, gañadores na categoría de música infantil, levan tocando xuntos desde 2009 e nestes momentos preparan un novo traballo que esperan que vexa a luz a finais deste 2016.

 

Para eles o premio supuxo “máis visibilidade e maior coñecemento por parte doutros músicos e músicas, e tamén un soporte e respaldo para poder mostrar o noso traballo”.

 

Sorprendidos pola “cantidade de bandas que estes premios sacan á luz, e que seguen pervivindo no país a pesar das enormes dificultades que estamos a vivir” non resaltarían a ningún proxecto en particular, pois “todos temos moito mérito, calidade e traballo por atrás”.

 

Coinciden coa maioría dos gañadores en resaltar como punto forte do sector “a calidade e traballo dos propios intérpretes e compositores” e na columna das feblezas “a falta de infraestructura na industria cultural e o escaso ou nulo apoio nos medios de comunicación, que provoca que bandas e intérpretes fantásticos teñan moi pouco traballo ou desaparezan”.

 

Para esta nova edición, Pablo Díaz e a Banda Tic Tac Toc brindan todo o seu apoio e ánimo á organización dos premios “pois estades facendo un traballo magnífico en prol da nosa música e da nosa cultura”.

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información