SALA DE PRENSA

Entrevista a Los Satélites

Para Los Satélites recibir o premio supuxo “sentirnos valorados, darnos conta de que as horas de dedicación valen a pena e pararnos a pensar máis na calidade á hora de escoller o noso repertorio".

20-02-2016 18:35


Nestes intres a orquestra está a preparar a nova tempada do verán do 2016, preparando temas para o se próximo disco e con folgos renovados e coinciden con moitos dos premiados en que o maior descubrimento musical da pasada edición foi “descubrir na gala a cantidade de agrupacións que fan boa música en Galicia e a diversidade musical de estilos que alí se presentaron, cunha calidade excepcional que nos sorprendeu”.

 

Aseguran que “en Galicia gusta a música en vivo moito máis que no resto do estado e a calidade das formacións axuda a que a xente participe nas distintas actuacións que se celebran en todo o territorio galego ao longo do ano”. Como contrapunto sinalan “o pouco apoio institucional dos organismos oficiais para dar a coñecer e promocionar toda a música que se fai en Galicia”.

 

Por último, a mellor orquestra de Galicia na segunda edición do certame dá a Músicos ao vivo “todo o noso apoio e ánimos para que sigades adiante con estes premios, porque son un impulso para todos os que facemos música en Galicia”.

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información