SALA DE PRENSA

Entrevista a Cuarteto Caramuxo

A riqueza e diversidade do panorama musical galego non atopa resposta dos medios e as institucións á hora de divulgar e apoiar aos músicos galegos e aos seus proxectos.

19-02-2016 23:17


O Cuarteto Caramuxo foi o gañador da categoría de Música Folque. Para eles o premios supuxo “o recoñecemento dos compañeiros de profesión ao noso xeito de reinterpretar a nosa música popular e moita forza para continuar nesa liña na que cremos. Tamén nos deu un pouco de visibilidade no panorama musical galego, aínda que botamos en falta unha maior repercusión a nivel de concertos”.

 

Cuarteto Caramuxo veñen de publicar o seu segundo traballo discográfico o pasado mes de xullo. Xa tiveron ocasión de presentalo no Festival Premios Martín Códax da Música o pasado outubro e agora atópanse inmersos na xira ao vivo “ao tempo que traballamos novos temas que imos incluindo nos concertos”. 

 

O maior descubrimento musical de Cuarteto Caramuxo a pasada edición foi “a descuberta da riqueza e diversidade do panorama musical galego”, unha gran fortaleza do noso sector que “non atopa resposta dos medios e as institucións á hora de divulgar e apoiar aos músicos galegos e aos seus proxectos”.

 

En canto ao futuro do certame, piden a Músicos ao Vivo “que continúe co bo traballo e na loita por conseguir que os premios sexan a festa de todos e todas as músicas que traballamos no noso país”.

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información