SALA DE PRENSA

Entrevista a Sumrrá

Estes premios son o maior recoñecemento ao que pode aspirar un proxecto musical galego, lonxe de institucións públicas, empresas privadas, e intereses da industria. Para nós non hai nada mais grande.

17-02-2016 17:15


Músicos Ao Vivo entrevista aos gañadores na categoría de Jazz e Músicas Improvisadas que aseguran que o feito de ter gañado o premio foi un “recoñecemento para a nosa profesión, o público e os medios de comunicación é algo que ainda está vixente hoxe en día. É o maior recoñecemento ao que pode aspirar un proxecto musical galego nestes momentos. Lonxe de institucións públicas, empresas privadas, e intereses da industria. É unha distinción d@s músicos aosciados, e para nós non hai nada máis grande”. 

Sumrrá engaden que despois de 15 anos xuntos “este Premio fixo que miráramos cara diante ainda con máis ánimo e ilusión” e que o maior descubrimento musical da pasada edición foi “a cantidade de proxectos nun abano de disciplinas tan variado”. Segundo Sumrrá “son moitos os micromundos que habitan o noso panorama musical, e precisamente estos Premios veñén a poñernos a todxs nun mesmo taboleiro unha vez ó ano. Era imprescindible que acontecera algo así”.

Preguntados sobre o punto forte e o punto débil do panorama musical galego, sumrrá ubican a fortaleza no “atrevemento e a determinación coas que @s músic@s galeg@s afrontamos calquera disciplina musical. Iso é impresionante e non moi habitual máis alá do telón de grelos. O punto feble é a falta de conciencia colectiva. Por sorte, Músicos ao Vivo ven turrar noutra dirección. Aleluia!!!”

Para rematar, para esta nova edición, piden á organización “que non se perda o espíritu de celebración, nin a perspectiva de que estamos a facer historia!!”.

 

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información