SALA DE PRENSA

Entrevista con Wöyza

Os artistas que fumos recoñecidos polos premios Martín Códax, sentímonos máis queridos pola nosa terra

 

16-02-2016 23:02


Os artistas que fumos recoñecidos polos premios Martín Códax, sentímonos como máis queridos pola nosa terra. A gañadora dos Premios Martín Códax da Música na categoría de Hip Hop e Músicas Urbanas fala do seu proxecto, do panorama musical galego e do que lle aportou o receñecemento.

 

1.Supuxo algún cambio o feito de ter gañado esta segunda edición?

 

Máis que un cambio en cuanto a maior número de traballo ou ofertas profesionais, supuxo un cambio de cara os medios, de pronto, creo que os artistas que fumos recoñecidos polos premios Martín Códax, sentímonos como máis queridos pola nosa terra, e polos nosos compañeiros, e por iso é bo que existan, porque todo ese peso constante que levamos nas costas, de cabalgar nunha profesión tan inestable, e tan pouco respaldada pola administración pública, dalgunha maneira foi e é un abrazo e un doce agarimo que dí: está ben, estás facendoo ben.

 

2. Ten continuidade o voso proxecto neste 2016?

 

Por suposto, da mesma maneira que é un recoñecemento, tamén foi un impulso para seguir adiante, pronto lanzarei un novo álbum chamado “Pelea”, do que este novembro 2015 puiden mostrar un adianto de 3 temas nun maxi EP de edición limitada, chamado Si/No que podedes pre-escoitar e mercar en formato físico e dixital na nosa tenda on-line www.woyza.es,

 

3.Cal foi para vós o maior descubrimento musical da pasada edición?

 

A verdade que os coñecía a case todos, o final, sempre coincides nalgunha festa, nalgunha jam, nalgun festival…XDXD pero gostei moito do último trabalho de Zamaramandi ou do directo impresionante dos SUMRÁ, buff é moito!! Cousa doutro mundo!!

 

4.Cales credes que son o punto forte e o punto débil do panorama musical galego?

 

O punto forte son as autoras e autores, existe diversidade, creatividade e orixinalidade. Son os que apostan forte e con convicción do que fan, comezando por expoñer as súas obras frente o público e intentando gáñalo a pulso e sacrificio.

O punto débil pode ser o contrario, pero ten que haber negro para que exista o branco e tes que facer unha raia para poder trazar unha cruz.

En qué nos afecta? En qué hai moita oferta, e a demanda está máis dividida, por un lado é bo, pois tocase máis música, polo outro hai unha infravaloración total do sector no propio sector. Con isto  non pretendo impoñer o meu pensamento pero na minha percepción as veces pecase de falta de gusto e criterio, é iso é un reflexo da precaridade cultural que se fomenta ou de todo aquelo que se deixa de fomentar.

 

5.Algunha suxestión a ter en conta pola organización para esta nova edición?

 

Máis pinchos de pulpo na gala dos premios!!! non deron para nada XDXD atacamos como vívoras!!! hahaha, (estou de broma) A seguir así, cada ano luitando por mellorar e defender os nosos intereses, como artistas femeninos, masculinos, mixtos, solistas, dúos, tríos, bandas, corais, vocais, instrumentais, de todolos xéneros e os desetiquetados, os máis modernos e os máis clásicos, a fin de contas, defendendo o máis bonito da vida, a música... So teño palabras de agradecemento para toda a xente que está a traballar na cabeza da asociación, e para a asociación.

Con afouteza!! Para a frente!! A loitar!!

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información