SALA DE PRENSA

Entrevista: Dos Fíos Invisibles chegan as Cores

Non creo que haxa que adicar a gala as mulleres para que haxa mulleres tocando na gala, tería que ser o natural e normalizado mesmo que foran todas músicas como é normalizado que sexan todos músicos.

16-02-2016 16:45


Músicos Ao Vivo conversa cos gañadores da pasada edición do certame na categoría de Músicas do Mundo, Dos Fíos Invisibles chegan as Cores. A primeira pregunta é obrigada... Supuxo algún cambio o feito de ter gañado esta segunda edición?

Mónica de Nut: A nivel escaparate, visibilidade, valoración do noso traballo... pero non a nivel laboral; resúltame moi dificil pechar datas sen caer na precariedade.

MAV: Ten continuidade o voso proxecto neste 2016?

MDN: Si, agora mesmo con Artistas en Ruta e pouco máis. 

MAV: Cal foi para vós o maior descubrimento musical da pasada edición?

MDN: As músicas que tocaron na gala, impresionantes. E non creo que haxa que adicar a gala as mulleres para que haxa mulleres tocando na gala, tería que ser o natural e normalizado mesmo que foran todas músicas como é normalizado que sexan todos músicos.

MAV: Cales credes que son o punto forte e o punto débil do panorama musical galego?

MDN: O punto forte o panorama mesmo, en canto calidade e variedade. O punto débil a precariedade laboral xeneralizada.

MAV: Algunha suxestión a ter en conta pola organización para esta nova edición?

MDN: Non me acaban de convencer o das categorías,,, non é doado organizar iso… pero eu penso que sería mellor por proxectos, por músic@s, por bandas, por discos… non por estilos, cada vez máis mesturados e difíciles de catalogar (por sorte!).

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información