SALA DE PRENSA

“Os músicos merecemos unhas condicións de traballo dignas”

A Magnifique Bande dos Homes sen Medo, gañadores da 1ª edición no apartado de orquestras, grupos e música de verbena, destacan o labor de Músicos ao Vivo para profesionalizar o traballo do músicos.

18-11-2014 15:00 PMCM


En proceso de preparación dun novo traballo para o 2015, para A Magnifique Bande dos Homes sen Medo gañar os I Premios Martín Códax da Música na categoría de orquestras, grupos e música de verbena supuxo “poder ir por aí  moito máis crechos ca antes por ser escollidos como os máis molones polos nosos compañeiros de profesión”.

“A calidade dos grupos, dos músicos e dos proxectos” é o mellor do panorama musical galego segundo esta “unidade de músicos da rúa” nada en 2007, fronte a un punto feble protagonizado polas “institucións, os seus dirixentes, as infraestruturas e en xeral todas as políticas relacionadas coa cultura”.

A Magnifique Bande cre que o labor de Músicos ao Vivo “é fundamental no país; está a facer un traballo realmente notable e moi necesario”. Son partidarios de asociarse porque, segundo eles mesmos manifestan, “inda que moita xente non o crea, os músicos tamén somos persoas. E merecemos ter dereitos e unhas condicións de traballo dignas”.

Imaxe: A Magnifique Bande recolle coas súas mellores galas o seu Premio Martín Códax da Música (Xabicas)

 

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información