I PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA

Na súa primeira edición o certame saldou unha débeda histórica co sector musical galego que agardaba emocionado este punto de encontro para a profesión. A acollida foi espectacular con máis de 521 proxectos inscritos de calquera estilo e en calquera lingua, que converteron desde ese momento á nosa web na plataforma de música galega máis diversa e extensa, mesmo a pesares das ausencias. Analizados categoría a categoría, estes primeiros premios viñeron a revelar que temos un país de rockeiros e popeiros, onde tamén se fan moitas músicas do mundo, bastante jazz e non pouca música contemporánea; ademais por suposto das que podemos considerar músicas de raíz galega como a folque ou a tradicional. Sorprende tamén a cantidade de proxectos de metal, electrónica e hiphop; e resulta ilusionante comprobar como empeza a medrar a música infantil cunha calidade e cantidade que nos coloca á vangarda do estado e mesmo de Europa.

PREMIADAS/-OS DOS I PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA

MAMÁ CABRA

( MÚSICA INFANTIL )

MAMÁ CABRA

MÚSICA INFANTIL

Mamá Cabra é un grupo de música infantil que mestura poesía, pezas do folclore e temas propios, cun enfoque lúdico, participativo e didáctico. A primeira canción de Mamá Cabra naceu na biblioteca dun colexio, despois de ler o poema do “Timoteo” de Gloria Sánchez, do libro “Rimas con letra”. Empezamos coa idea de facer un disco: Cantos Rodados, con dez temas baseados en poemas de Antonio G. Teijeiro, Concha Blanco, Ana María Fernández... e Gloria Sánchez, claro, pero acabamos subidos a un escenario artellando xogos e cancións.  Agora temos oito traballos publicados e tres espectáculos en marcha: Bicos de Música, Xa me tardan estes Magos e Ola, ola, la!. Os nosos espectáculos son moi participativos e didácticos. Sempre hai unha canción para falar da importancia de comer de todo, de comer froitas e verduras, de bailar e cantar.

ESCOITA



LINKS

NARF

( ROCK )

NARF

ROCK

Recoñecido nos Premios Galegos da Música “Martín Códax” 2013 como mellor intérprete na categoría de de Rock e Blues, Fran Pérez NARF continúa coas súas presentacións en solitario, aparte dos concertos co seu novo grupo, o NARF TRIO.

O variado repertorio do seu espectáculo a só recolle as mellores cancións dos seus últimos traballos discográficos, así como temas inéditos nacidos da intensa relación deste músico viaxeiro con artistas de países do ámbito da Lusofonía, especialmente Mozam-bique e Guiné Bissau.     

 Lugar especial neste concerto terán algúns dos temas de “Nas Tardes Escuras” ( 2013) , o novo disco de NARF sobre poemas de Rosalía de Castro. Editado en formato “libro-disco” por El Patito Editorial,  conta coas ilustracións de Fausto Isorna, e a produción musical de  Antonio Vázquez.

Neste novo traballo Narf explora os poemas de “Follas Novas” e de “Cantares Gallegos” dende a linguaxe eléctrica do rock, cunha visión enérxica e contemporánea, totalmente diferente doutros tratamentos musicais e versións que xa se teñen feito anteriormente por diversos intérpretes.

Unha oportunidade única para vivir as aventuras que propicia a nosa lingua nunha viaxe musical que parte da beiramar bravía do Atlántico e da voz da  Rosalía máis contundente ata chegar ás cálidas praias  do océano índico,  cantando as palabras de  poetas como José Craveirinha.

ESCOITA



LINKS

BANDA CREBINSKY

( MÚSICAS DO MUNDO )

BANDA CREBINSKY

MÚSICAS DO MUNDO

Banda Crebinsky es una pequeña orquesta popular surgida de un universo imaginario, huida del film Crebinsky. Del mismo modo, sus músicas nacen como banda sonora y saltando de la pantalla, corren a las calles y los escenarios, creciendo y desarrollándose con gran energía. Una historia bien interesante. Si hubiera que etiquetar su estilo, pronto nos veríamos en serias dificultades. Con todo, podemos arriesgar algunas expresiones como “composiciones eclécticas-delirantes próximas a la world music” o bien “música popular de un país inexistente” que nos aproximaría algo a la realidad. De su escucha reflexiva se evidencia un trabajo musical de gran calidad, lleno de detalles y minucioso, tanto a nivel compositivo como de interpretación. Sin embargo, es casi imposible escuchar todo su espectáculo de manera reflexiva, pues la contagiosa vitalidad que transmite Banda Crebinsky invita a la fiesta sin paliativos. Los integrantes de la Banda Crebinsky tienen un amplio bagaje musical y una gran capacidad de integración de sus experiencias y estilos personales, desde el klezmer o el folk al jazz, rock, musica clásica o experimental. En el 2010, sacan su primer disco titulado “ Banda Crebinsky”, con los temas de la B.S.O compuesta por Pablo Pérez de la película Crebinsky, dirigida por Enrique Otero. A partir de este momento comienzan a ofrecer conciertos en diversos formatos: Universo Crebinsky ( película con actuación de la Banda), Banda Crebinsky... participando en eventos como XXVI Festival Intercéltico de Ortigueira, Festival de Cine de Málaga, Ciclo de conciertos “Veranos de la Villa” en el Teatro Conde Duque (Madrid), o el Teatro Majestic Passy (Paris) entre otros. A su vez las composiciones consiguen los siguientes premios; Mejor Música Original del Festival Internacional de Cine de Toulouse en 2011 Mejor Música Original del Festival Internacional de Cine de Oaxaca ( México) en 2011 Además de diversas nominaciones como a los “Premios de la música independiente”, o “ Premios Mestre Mateo” También en el 2011 reeditan con Boa Music un DVD que incluye la película, la BSO y un directo que la Banda Crebinsky ofreció en octubre de 2010 en el Teatro Principal de Pontevedra. En Marzo del 2012 saldrá a la venta su segundo disco “ Jet Lag”, publicado por Boa Música, en el que la Banda opta por un sonido más ecléctico y directo, rápido en el cambio de estilos, tiempos,franjas horarias, culturas e idiomas en un viaje a un mundo en constante metamorfosis. Este disco de 50 minutos contiene 12 temas , mezcla temas cantados e instrumentales, dentro de este segundo grupo pertenecen “ Dúas mulleres” , ¨Chai ¨o “ Lulu is coming”. Dentro de los temas cantados están ; “Jet Lag”, tema cantado en ruso de corte gypsy. ¨Intro Romanza¨y “ Romanza” de de estética klezmer. “ The last monkey”ska de influencia árabe “ Un piatto”, basado en la receta de la preparación de la focacha baresse. ¨Disco Babushki” tema de estetica punk/ psicodelica. “ Ma mére la musique”, tema cantado en francés al estilo chansôn. “ Lada Niva”, falso anuncio de estilo country. “Pui, pui, pui”, canción de corte sk con parte de tango. Gravan el videoclip de ¨Un piatto” dirigido por Enrique Otero para el Festival de Cine de Cans.

ESCOITA



LINKS

BERROGüETTO

( FOLQUE )

BERROGüETTO

FOLQUE

un prazo moi breve, sen abandonar a súa sensibilidade inicial, Berrogüetto converteuse nunha das formacións de world music máis importantes do mundo. Unha das marcas galegas que funcionan no mercado musical internacional pola súa mestura de paixón pola tradición musical e a experimentación na contemporaneidade. As dúas caras dunha mesma figura nun mercado global onde a pluralidade cultural corre perigo. Contra esa tendencia, Berrogüetto segue ofrecendo música galega cun radio de acción que transcende as fronteiras de Galiza. Máis alá da música, cren na diversidade cultural coma fonte de riqueza. Hoxe, a súa música, co mesmo selo de sempre - multiplicidade e homoxeneidade, unha das cousas máis difíciles de conseguir nunha banda - ten cabida en calquera escenario do mundo. A súa inquietude pola música e as súas ganas de innovar leváronos a investigar con sons e instrumentos diferentes. Grazas a esta determinación sempre conseguiron os favores da crítica e recibiu numerosos galardóns e recoñecementos por todo o mundo: Premio da Asociación da Crítica Alemá do Disco ao Mellor Disco de World Music en varias ocasións, Premio Opinión ao Mellor Disco de Folk, finalistas dos Premios da Música da Academia das Artes Escénicas e Musicais como Mellor Álbum en Galego e dos Grammy Latinos ao Mellor Disco Folk, entre outros.

ESCOITA



LINKS

TREIXADURA

( MÚSICA TRADICIONAL GALEGA )

TREIXADURA

MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

“Treixadura, 25 anos na música tradicional de Galicia”. 

Presentación do seu novo disco conmemorativo do 25 aniversario.

Treixadura celebra o 25 aniversario da formación coa presentación dun novo disco que resume a súa extensa carreira e aporta algunhas novidades. O título deste traballo e outras informacións referentes ao mesmo serán dados a coñecer proximamente.  

Os cantos que aínda hoxe viven nas tabernas, nos seráns, nos gaiteiros, nos coros, nas bandas de música populares; que permanecen en nós desde a noite dos tempos de man da tradición oral, os libros e a música son e serán sempre a inspiración de Treixadura.

TREIXADURA constitúe dende 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.

TREIXADURA é sinónimo de música tradicional, ritmos, cantigas e instrumentos galegos que encaixan tanto nas romarías máis populares  coma nas festas e eventos urbanos, co obxectivo de que o público goce bailando, cantando e escoitando a música dos seus 15 compoñentes que, provindo de propostas musicais variadas, teñen en común o gusto e o respecto pola música tradicional, motivo abondo para que hoxe representen e dignifiquen este proxecto. 25 anos de gravacións e concertos, 6 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográficas, e vida en común. 25 anos compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.

O grupo Treixadura está formado por:

Toniño López: Tambor e pandeireta.

César Longa: Acordeón.

Pablo Nogueira: Gaita e percusións.

Magoia Bodega: Gaita e bombo.

Xaquín Xesteira: Gaita e percusións.

Orfeón Treixadura (10 voces):

Tenores: Alberte Raposo, Toño D. Fontenla e Delio Domínguez.

Barítonos: Antón Cabaleiro, Pablo Rei, Xurxo Raposo e Mingos Lorenzo.

Baixos: Álvaro Lamas, Gustavo Cuntín e Moncho Marín.

Treixadura foi galardoado nos primeiros Premios Galegos da Música Martín Códax entregados en decembro de 2013, como o Mellor Grupo de Música Tradicional Galega.

En 2014 recibiron a homenaxe da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística pola súa exquisitez no tratamento musical e escénico do noso folclore e o seu traballo a prol da recuperación da música tradicional galega

Concertos oficiais de estrea deste novo traballo:

19 de decembro de 2014 no Teatro do Centro Cultural Afundación de Vigo (García Barbón)

20 de decembro no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela (Preguntoiro).

CONTRATACIÓN: 986-337069 / 678578013

ESCOITA



LINKS

ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS

( POP / INDIE )

ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS

POP / INDIE

Eladio y los Seres Queridos tras ganar el Premio MIN de la Música Independiente 2017 a mejor álbum en gallego por Cantares, vuelven a su entorno natural con un nuevo disco llamado Historias de caza; 32 minutos de perfecta factura pop con las melodías y estribillos a las que el grupo nos tiene acostumbrado y letras de Eladio Santos que, una vez más, escribe actualizando con brillantez cánones clásicos desde la naturalidad y la frescura.

En este disco la banda ha trabajado en la composición de algunos temas con Jorge F. Ojea, Pablo Lesuit y Esther Zecco. Al contrario que en los anteriores trabajos, el disco ha sido producido y grabado por el mismo grupo en su estudio casero. Ese clima les ha permitido hacer un disco atrevido, lleno de colores y dinámica, con ritmos y timbres que nunca habían manejado antes. Tanto es así que incluso han incluido una versión de la Leyenda del tiempo de Camarón.

Así nos lo explican ellos mismos:

Siendo sinceros, haber grabado nosotros este disco, en casa, sin productor ni ingeniero no es un ejercicio de honestidad, un manifiesto “doityourself” ni nada de eso; realmente no teníamos opción, ya lo habíamos hecho con “Cantares” y era lo que más nos apetecía.

 

Decidimos hacer todo lo que no se suele hacer grabando un disco; le dimos rápido al REC, no aislamos nada, no cerramos la puerta ni las ventanas, se coló el sonido de la lluvia, los niños en el salón o los perros del parque. No iba a ser un álbum grabado en un estudio y no debería sonar como un álbum grabado en un estudio. Queríamos que el sonido se situase en un lugar acogedor y doméstico y que el oyente se sintiese con nosotros en ese espacio.

 

Necesitábamos ese clima para hacer un disco atrevido, lleno de colores y dinámica, con ritmos y timbres que nunca habíamos manejado. Creemos que hubo suerte y magia, pero también mucho trabajo. Habíamos conseguido buena microfonía, conocíamos la escucha y pudimos invertir tiempo en probar cosas. Como toque final regrabamos la batería en Radar Estudios de Vigo y masterizamos en Metromastering en A Coruña.

 

Como siempre, o quizás más que nunca, el centro fue cada una de las canciones. Le dimos a todas mucha identidad propia y queríamos que todas juntas pareciesen una recopilación de discos y momentos diferentes. Intentamos desdoblarnos, cantar vidas propias y ajenas o acabar de contar las vidas de otros porque no es el álbum de un solo autor y no debería sonar como el álbum de un solo autor.

 

Esta tribu fantasmal reunida alrededor de un fuego y quinientas tardes con los seres queridos dieron como resultado “Historias de Caza”.

 

Nos ayudó a conseguirlo gente muy talentosa. Hay colaboraciones en la composición, también en el sonido de las canciones, la producción... son todos algo más que artistas invitados.

 

En el campo de la ejecución además de los seres queridiños de siempre (Eladio Santos, David Outumuro, Uka - Oscar Durán, y Marcos Vázquez) hay voces de la Ari Magritte, guitarras de Jorge F. Ojea, la voz, el charango y un piano de Pablo Perozo (Pablo Lesuit) y las trompetas de David Rial.

 

La lista de canciones, sí... hay una que se llama “Tormenta” y otra que se llama “Tormenta y Tú”, son tormentas diferentes y es pura casualidad, también incluimos el primer tema instrumental de nuestra discografía y “La leyenda del Tiempo” de Camarón de la Isla

 

 

La banda está disponible para entrevistas!!

Contacto prensa - Uka (Oscar Durán):

prensa@eladioylosseresqueridos.es // +34 655 386 815

 

 

+ INFO:

 

Web: www.eladioylosseresqueridos.es

Facebook: https://www.facebook.com/Eladio.y.los.Seres.Queridos/

Twitter: https://twitter.com/Eladioylosseres

Instagram: https://www.instagram.com/eladioylosseres/

YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCa4CY0US80jPUJisgbaA-Ww

Instagram: https://www.instagram.com/eladioylosseres/

 

Premios MIN de la música independiente 2012: Nominación a mejor videoclip por “Tiempo Futuro”.

Premios Galegos da Música Martín Códax 2013: Premio a mejor banda de indie y pop.

Premios Galegos da Música Martín Códax 2016: Nominación a mejor banda de indie y pop.

Premios MIN de la música independiente 2017: Premio a mejor álbum en gallego por “Cantares”

ESCOITA



LINKS

TRANSILVANIANS

( REGGAE / SKA / MESTIZAXE )

TRANSILVANIANS

REGGAE / SKA / MESTIZAXE

Transilvanians fórmanse na cidade de Vigo no ano 2004. Septeto integrado por músicos de diversas procedenciascunha paixón común pola música negra dos 60's, o western, a ciencia ficción ou o xénero de terror.

Percorren co seu funk marciano, refrescante rocksteady, groovy soul, horror-reggae, dub ou r&b xamaicano case toda a xeografía estatal e outros países europeos como Bélxica, Francia, Alemaña, Holanda ou Portugal, cun dos directos incendiarios de máis alto octanaxe que podes atopar actualmente no estado.

Ademais do seu propio traballo, múltiples gravacións e un recente segundo longa duración editado “Echo, Vibes & Fire”, composto por 12 novas cancións, traballan de maneira habitual con outros artistas na súa vertente como backing band, e xa teñen acompañado en directo ou estudio a lendas da música xamaicana como Roy Ellis (a.k.a. Mr. Symarip, co que rexistraron un single en 2012), Winston Francis, Yvonne Harrison ou Roy Panton.

ESCOITA



LINKS

DAS KAPITAL

( ELECTRÓNICA )

DAS KAPITAL

ELECTRÓNICA

Das Kapital constituíronse como célula agit-prop electrónica durante a primeira metade de 2011 en Santiago de Compostela (Galicia). A banda invoca os espectros de Walter Benjamin e Einstürzende Neubauten, de Lois Pereiro –a cuxo poema Narcisismo poñen música- e Programme, de Heiner Müller –dramaturgo alemán, autor da letra d’O anjo do desespero- e Nine Inch Nails. Discografía: Ruído Negro (2011) Grecia (2013-Discos da máquina) http://daskapital1.bandcamp.com/

ESCOITA



LINKS

ABE RáBADE TRíO

( JAZZ / MÚSICAS IMPROVISADAS )

ABE RáBADE TRíO

JAZZ / MÚSICAS IMPROVISADAS

Abe Rábade Trío A banda está formada na actualidade por: Abe Rábade, piano Pablo Martín Caminero, contrabaixo Bruno Pedroso, batería Abe Rábade Trío foi fundado en 1996 en Boston (EEUU). Este primeiro trío estaba formado polo galego Paco Charlín ao contrabaixo e o búlgaro Val Tzenkov na batería. Esta época foi moi rica en sesións de gravación e recitais no contexto do Berklee College of Music. Unha parte importante das composicións que verán a luz máis tarde en forma de disco foron escritas e ensambladas neste período. En 2000 a banda aséntase en Galiza. Recibe este ano o 2º Premio no Concurso Internacional de Grupos de Jazz de Getxo (Euskadi). O directo desa noite conforma o debut discográfico do trío: Babel de Sons (2001) con Paco Charlín no contrabaixo e Ramón Ángel Rey na batería, nova sección rítmica que se manterá ata finais de 2004. En 2002, o grupo lanza o seu segundo traballo discográfico, Simetrías, que foi presentado no Festival de Jazz Plaza de La Habana (Cuba). Entre as numerosísimas actuacións do Abe Rábade Trío neste período cómpre destacar a súa participación nos seguintes Festivais de Jazz: Plaza de La Habana -edición 2002 (Cuba), Tánxer (Marrocos), San Sebastián e Getxo (Euskadi); Ibiza e Mallorca (Illes Balears), San Isidro, Xornadas UNED e Boadilla del Monte (Madrid), Gijón e Mieres (Asturias), Málaga (Andalucía), Granollers (Catalunya) e Lugo, A Coruña, Santiago, Pontevedra e Baiona (Galiza). O grupo participou activamente da programación de salas de renome como as seguintes: Café Central (Madrid), Café Latino (Ourense), Jamboree (Barcelona), Nova Jazz Cava (Terrassa), Café España (Valladolid), Manteca Jazz (Vigo) ou Dado Dadá Jazz Club (Santiago de Compostela). O Abe Rábade Trío será tamén a partir desta época a base rítmica para o GHU! Project, un proxecto de colaboración con destacados solistas do panorama jazzístico como Chris Kase, Jesús Santandreu ou Michel González. Este concepto mantense ata a actualidade coa participación de intérpretes como Miguel Zenón, Perico Sambeat, Alan Ferber ou Toni Belenguer. No 2006 ve a luz o disco Playing on Light, con Paco Charlín no contrabaixo e o novo baterista da formación: o portugués Bruno Pedroso. A revista Cuadernos de Jazz elixiu este traballo discográfico como Mellor Disco de Jazz en España 2006. A finais do 2006 incorpórase ao Abe Rábade Trío o contrabaixista portugués Nelson Cascais. Cómpre destacar a participación do trío en prestixiosas salas como o Hot Clube (Lisboa) ou Calle 54, Boguie e Berlín Jazz Café (Madrid) e en Festivais de Jazz como os seguintes: Plaza de La Habana -edición 2008 (Cuba), Madeira e Estarreja (Portugal), Parla, Universidade Politécnica e Ciudad Lineal (Madrid), Jaca (Aragón), Jaén (Andalucía), Imaxinasons_Vigo e Allariz (Galiza). O Abe Rábade Trío foi o encargado de compoñer e interpretar música orixinal para a proxección de cine mudo galego Pioneiros do Cinema promovida polo Centro Galego de Artes da Imaxe no Teatro Principal de Santiago en Xaneiro de 2007. O grupo tamén participou na gravación en directo para a TVG de dous eventos: a Conmemoración do XXV Aniversario do Parlamento de Galicia no Auditorio Caixanova de Pontevedra en 2006 e a Gala de Entrega de Premios da Comunicación no Gran Hotel de A Toxa en 2008. A banda gravou tamén nas produccións discográficas de 2008 Rosalía 21 (encargo para a Feira do Libro de La Habana -Cuba) e Aloumiños de Seda (encargo para a campaña Xeración e logo da Dirección Xeral de Política Lingüística). Desde o ano 2008 a sección rítmica do grupo está formada por Pablo Martín Caminero (contrabaixo) e Bruno Pedroso (batería). Cómpre destacar a presentación da obra O Movemento dos Soños na igrexa da Universidade de Santiago de Compostela en Febreiro de 2009. En 2010 publícase o álbum Zigurat (Karonte Records). Confórmano 6 composicións orixinais e unha versión da Chanson num.6 de Federico Mompou. Zigurat presentouse nas seguintes cidades: Berlín, Santiago de Chile, A Coruña, Santiago de Compostela, Ciudad Real, Madrid, Ourense, Vigo e Oviedo. En Abril de 2012 Abe Rábade Trío edita o seu novo álbum: "A Modo". O disco presentouse nunha xira internacional polos seguintes países: Costa Rica, El Salvador, Guatemala, México e Brasil. En Outubro de 2013 ve a luz o máis recente traballo de Abe Rábade Trío. Trátase do disco "VerSons", primeiro álbum íntegro de versións da banda.

ESCOITA



LINKS

A MAGNIFIQUE BANDE

( ORQUESTRAS / GRUPOS / MÚSICA DE VERBENA )

A MAGNIFIQUE BANDE

ORQUESTRAS / GRUPOS / MÚSICA DE VERBENA

A Magnifique Bande dos homes sen medo. Ese é o nome a ter en conta, e recoiro, vaia nome. Dende fai un lustro este simpático grupo de galopíns musicais animan as nosas vidas deleitándonos coas súas trasnadas harmónico-contrapuntísticas. Cunha elegancia natural e un gusto innato polas boas melodías e os arranxos de éxito. A Magnifique Bande condúcenos polo máis granado da historia musical, con momentos clásicos, fílmicos, jazzísticos, muinheiriles, funkeiros ou rockanroleiros. Esta dinámica agrupación afeita a tocar tanto na rúa, coma en escenarios fixos e móbiles, está integrado polo mellorinho de cada casa. Nel unha rocosa sección rítmica integrada por tuba, fagot, bombo, caixa, guitarra e clavinet, sustenta as florituras máis incribles dunha sección con moitos aires formada por trompeta, trombón, saxo alto e saxo tenor. Comezan a súa andadura Sen Medo no ano 2007 e dende entón non deixan de aparecer en todo tipo de festivais, tanto na Galiza como fóra. Un berro de admiración escóitase ao seu paso: BRUTAL!

ESCOITA



LINKS

MACHINA

( METAL )

MACHINA

METAL

Machina é unha banda fundada en Cerceda no ano 2002 que se move entre o metal, o hardcore, o punk e outras tendencias. A banda ten publicados un Ep ('Acouga'), dous discos ('Post-Bravú' e 'Ensaio sobre o silencio') e outro Ep, ('A Síndrome de Nerón') do 2013, un Ep con cinco cancións que mostran o aspecto máis crú da banda.Este Ep ven acompañado de tres videoclips, un dirixido por Jairo Iglesias de Pixel Films e outros dous da man de Deica Audiovisual.Logo de haber gañado a primeira edición dos Premios Galegos da Música na categoría de metal,a banda viviu o que posiblemente foi unha das súas mellores tempadas presentando o último traballo por toda a xeografía galega e intentado defender o mellor posible o galardón que lle foi outorgado.Actualmente a banda está inmersa na composición  dos novos temas que darán continuidade  ó anterior Ep.    www.machinagz.com    www.machinagz.bandcamp.com

ESCOITA



LINKS

TALLER ATLANTICO CONTEMPORANEO

( MÚSICA CLÁSICA / CONTEMPORÁNEA )

TALLER ATLANTICO CONTEMPORANEO

MÚSICA CLÁSICA / CONTEMPORÁNEA

O TAC iniciou a súa andadura en Marzo de 2010 na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela coa obra de Mauricio Kagel Eine Brise, para 111 ciclistas facendo música. Quixo reivindicar dende un principio, por un lado a cercanía que a música contemporánea pode ter para calquera tipo de público, e por outro a posibilidade de facer concertos introducindo novos elementos. En Xuño do mesmo ano colocou un piano de cola no faro de Fisterra para interpetar íntegramente a obra de Satie Vexations, 18 horas de piano ininterrumpidas. Nesta ocasión contouse coa colaboración de 27 pianistas. Paralelamente a este tipo de repertorio, abordou no CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) un ciclo de seis concertos adicados á música de compositores galegos escritas para diversas formación de ensemble. Xa en 2011 continúa no CGAC cun ciclo de tres concertos que tratará de achegar ao público unha pequeña mostra do repertorio que se fixo fóra das nosas fronteiras dende mediados do século XX até a actualidade. Escolléronse obras de Crumb, Schnittke e Berio. En Xullo de 2011 actuaron no Festival Via Stellae có grupo Siniestro Total nun concerto conxunto donde tocaron música da formación viguesa arranxada por Javier López de Guereña para o TAC. Ao longo de 2011 organizaron na Cidade da Cultura o ciclo “Os SERÁNS do TAC” que incluían música contemporánea, humor e gastronomía. O TAC é un grupo estable, de formación aberta e ten como director artístico a Diego García Rodríguez. --------------------------------------------------------------------------- Audios: Harrison Birtwistle (1934) Secret Theatre Paul Daniel: Dir www.youtube.com/watch?v=K8rp7XIH_…&feature=plcp www.youtube.com/watch?v=5hye4-5Nc…&feature=plcp Carlos L. García-Picos, Monitonadas Diego Masson: Dir http://www.youtube.com/watch?v=_0luNHmtZ3Y ------------------------------------------------------------------------ Webs: http://www.tac.gl http://www.tactrespuntocero.net http://www.diegogr.com

ESCOITA



LINKS

DIOS KE TE CREW

( HIP-HOP / MÚSICAS URBANAS )

DIOS KE TE CREW

HIP-HOP / MÚSICAS URBANAS

DIOS KE TE CREW é un colectivo de Hip Hop nado no ano 2003 en Ordes (A Coruña), froito da unión de dous coñecidos grupos de Rap en Galicia, 5talegos e Ghamberros. Os seus comezos remóntanse ao ano 95, cando se crea 5talegos, dando numerosos concertos en festivais de todo tipo, gañando experiencia e tablas sobre o escenario e gravando as súas primeiras maquetas. Ghamberros aparecerían no 2ooo, lanzando o seu primeiro EP dende o colectivo con gran éxito no 2004, co que venderon 1500 copias de forma autoxestionada e sen apenas distribución. Polo colectivo pasan diferentes artistas de todas as disciplinas desta cultura: graffiteiros, breakers, beatboxers…, aportando nos directos as distintas vertentes artísticas do Hip Hop.

No 2006, tras realizar multitude de concertos, sae á luz o primeiro LP do grupo. “Xénese” (DKTCsons/Falcatruada), foi considerado un dos traballos máis influentes do panorama galaico, así como o primeiro disco de rap realizado integramente en galego, o que marcaría un antes e un despois na historia da nosa música. Os seus catro mc´s, Mou, García, Jamas e Sokram, dan renda solta a súa lírica de xeito compacto, con letras cargadas de realidade, humor, retranca e moito sarcasmo. Poesía explícita e ritmos contundentes baixo os firmes pratos de Dj Murdock. Este traballo propulsaría á banda, acadando tanto unha gran acollida de público e crítica como un éxito en ventas.

No 2009, tras xirar sen interrupción co disco “Xénese”, publican un “Maxi” con 2 temas e un vídeo en directo no que se pode apreciar o seu bo facer sobre o escenario, considerado sen dúbida o punto forte de DKTC.

Xa no verán do 2011 editan con BOA MUSIC o seu esperado segundo disco, “Humanose”, coma sempre composto integramente en galego e de corte conceptual, onde se analizan os diversos recunchos do ser humano. Con este traballo, a banda demostra seguir crecendo en calidade, non só ao que música e textos se refire, senón na súa preocupación por mellorar en cada publicación. Boa mostra diso é a coidada edición do digipack, onde dúas consagradas figuras do Street Art, Sekone e Liqen, se encargan de toda a parte artística do álbum. O mastering é a cargo do mítico Tony Dawsey, nos estudios Masterdisk de NY, quen traballou con grupos como Beastie Boys, KRS One, DasFX, Nas, Method Man, Redman, EPMD e un largo etcétera.

Nas xiras dos anos 2011, 2012 e 2013, ata o presente, Dios Ke Te Crew inclúe nos seus directos a músicos: guitarra, baixo e batería súmanse ao combo orixinal formado por catro Mc´s e un Dj, outorgando unha maior pegada e incrementando as posibilidades dos seus espectáculos.

No presente ano 2013, DKTC cumpre o seu X Aniversario, para o que realizan unha xira especial conmemorativa por toda a península, sendo seleccionados para as dúas principais xiras musicais estatais, GPS e Artistas en Ruta. O 25 de Maio tivo lugar a presentación do Aniversario en Galicia, na Sala Capitol de Santiago de Compostela, onde congregaron a máis de 700 persoas, que recibiron polo feito de asistir ao evento un “CD Reliquia”, formado por dous novos temas musicais: “Dez” e “Heroes”.

Dios Ke Te Crew conta con estudio propio de gravación, Rapapoulo Estudio, onde, ademais de realizar os seus propios traballos, gravan a diferentes grupos musicais de xéneros variados.

DISCOGRAFÍA DENDE O COLECTIVO:

GHAMBERROS "Ghamberros" (EP) 2004
DIOS KE TE CREW "Xénese" (LP) 2006
MOU "A Taberna de Mou (vol.1)" (LP) 2007
DIOS KE TE CREW "Promo/Maxi Adianto do novoAlbum" (Maxi) 2009
MOU "Mouxtape" (LP) 2010
DIOS KE TE CREW “Humanose” (Lp) 2011
GARCÍA MC “Abaixo e de Pé” (Ep) 2012
DIOS KE TE CREW “DEZ” (Maxi) 2013

APARICIÓNS DE DKTC EN DISTINTOS TRABALLOS MUSICAIS:

REVOLTA SONORA (Recopilatorio-Participación de 5 Talegos co tema “DendeOrdes”) no ano 1999
MIXTURA (Recopilatorio-Participación de 5 Talegos e Ghamberros, cos temas “Noites de festa” e “Ás veces pasa” respectivamente) no ano 2002
CON DIGNIDADE! (Recopilatorio-Participación de Ghamberros co tema “Inxustizas”) no ano 2003
ATURUXA! (Recopilatorio-Participación de Dios Ke Te Crew co tema "Vas de Verde") no ano 2007
QUEMPALLOU "Polo Aire" (Colaboración de Dios Ke Te Crew no tema "Ninguén!!") no ano 2007
NO BICO UN CANTAR "17 de Maio/17 voces da música galega actual" (Recopilatorio-Participación de Dios Ke Te Crew co tema "Profecía") no ano2007
GZ POP! "A nova fornada de pop en galego" (Recopilatorio-Participación de Dios Ke Te Crew co tema "Herdeiros da Dictadura") no ano 2008
PRESSING CATCH "12 canciónsdende o ring" (Recopilatorio-Participación de Dios Ke Te Crewco tema "Ollo ó parche!") no ano 2010
RUXE RUXE "Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras" (Participación co tema “Sempre Adiante”) no ano 2012
TRIBUTO A ZËNZAR (Aportación da versión do tema “A TRIBU”) no ano 2013


WEB: www.diosketecrew.com

ESCOITA



LINKS

ANTONIO CRUZ ARÉVALO "PERI"

( Honorífico )

ANTONIO CRUZ ARÉVALO "PERI"

Honorífico

Antonio Cruz Arévalo, coñecido artísticamente como “El Peri” ou “Perillo”, recibiu o Premio Honorífico dos " I Premios Galegos da Música Martín Códax 2013”.

O proceso para “outorgar” este primeiro Premio Honorífico dos Premios Martín Códax da Musica foi complicado e á súa vez sinxelo. “El Peri” reunía todas as características que a xunta directiva de Músicos ao Vivo entendía que debería ter un MÚSICO con maiúsculas.

Antonio Cruz Arévalo é parte da historia da música galega. Batería e percusionista durante moitos anos de Los Tamara e outras formacións (Los Diamantes,Los Celtas, Orquesta X,Combo Portela, Los Satélites, Los Trovadores, Os Breogans, Los Doré…),  cun talante humano que que lle porferiu grandes amigos e admiración tanto na profesión como fóra dela. “El Rey del Güachismen”, tal como dedicaron Los Doré en su disco de 1997.


Un músico que sempre tivo as portas abertas ao resto dos músicos, fosen de onde fosen, e viñesen de onde viñesen. Un batería que pasaba asombrosamente de profesor a alumno nun dicir amén . Un tipo inmenso, cun corazón de tumbao, e unha mirada de rumba. Antonio Cruz “Peri” sempre foi de retaguardia , de sombra, desa última copa co local pechado , e nunca pediu focos, atención, nin titulares. Para os que hoxe nos dedicamos á música profesionalmente , botar unha mirada atrás e recoñecer que un batería que polo ano 1958 xa andaba con métodos, estudos, ensaios, viras , etc.. fai que che sintas parte dese mesmo motor que leva tirando de tantos músicos xeración tras xeración.

“El Peri” deixounos neste 2015, pero sempre nos quedará a súa figura e a súa experiencia vital como MÚSICO.

ESCOITA



LINKS

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información