Un ano máis consolídase o éxito dos Premios Martín Códax da Música cunha crecente participación desde moitos lugares de Galicia e do exterior. Este certame veu marcado polo recoñecemento a Dorothé Schubart, por primeira vez o premio honorífico se lle concedeu a unha muller que, a pesares da súa nacionalidade suíza, fixo unha labor importantísima pola música tradicional de Galicia. Por cuarta vez se celebrou o gran certame da música galega e queda de manifesto a necesidade do mesmo e a importancia da labor da Asociación Músicos ao Vivo á hora de crear unión entre @s profesionais da música e fortalecer o tecido cultural da nosa terra. Agardamos con ansia xa a quinta edición!.


  • Gañadores da 4ª edición

    A gala dos IV PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA reivindicou o papel da muller e a presenza da música en todos os ámbitos da sociedade

  • Entrevista á musicóloga Dorothé Schubarth

    Entrevista á musicóloga Dorothé Schubarth con motivo de ser galardoada co premio honorífico nos IV Premios Martín Códax da Música

  • O panorama actual da música galega

    Dise que en momentos de crise, a necesidade agudiza o enxeño, e no campo da música isto semella ser certo. Están a saír moitas cousas boas, os grupos cada vez tocan vez mellor e os discos están mellor producidos. Malia á crise propia do modelo discográfico, non deixan de saír álbums, e a autoedición semella afianzarse no noso panorama musical. A xente ten máis formación, máis posibilidades de aprender a tocar instrumentos e de experimentar co son. 

    16/8/2013 Extraído do informe sobre a situación da música galega publicado este ano polo Consello da Cultura Galega

Os Premios Martín Códax da Música naceron en 2013 promovidos pola Asociación de Músicos ao Vivo, nun contexto que segue rebordando creatividade musical pero adoece de apoios, de recoñecemento, de visibilidade e dunha industria capaz de facer rendible o inmenso potencial deste sector estratéxico, un sector que, no caso de ser dimensionado moi probablemente se rebelaría como o máis produtivo e con máis potencial para a cultura galega.

Estes galardóns teñen uns obxectivos que van moito máis aló da autocomplacencia e o autobombo dos músicos, para sumarse a esa idea de ‘facer país’ na que tantos axentes traballamos a diario. Estas son as principais metas dos premios:

RECOÑECER a creación, a diversidade e a calidade artística das producións musicais galegas. Revelar novos talentos da escena musical galega e achegar a música e o seu proceso de produción ao público.

FACER RENDIBLE O POTENCIAL DA NOSA MÚSICA. Músicos ao Vivo é consciente do tremendo potencial que a Música Galega ten. E temos presente que a enorme produción e creación musical da que gozamos en Galicia non chega a todos os sectores da poboación tal e como debería. Músicos ao Vivo entende a música galega dun xeito aberto, universal e inclusivo, sen poñer cotas estilísticas ou doutra índole. Aí reside a nosa riqueza. Cremos que debemos traballar para facer sentir a presenza do sector produtivo con máis potencial dentro da cultura galega, e de tirar del toda a rendibilidade que é quen de producir. Os premios están axudando a promover a música creada en Galicia non so dentro do país, senón tamén a nivel estatal e internacional, ampliando deste xeito a actividade económica deste sector no exterior.

FACER VISIBLE A TODO UN SECTOR. Os Premios Martín Códax da Música darán visibilidade á Música Galega. Con carácter xeral, poñendo nos medios a todo un colectivo de creadores, a toda unha industria, e a toda unha comunidade comprometida coa cultura musical galega; e de xeito particular, resaltando 3 proxectos concretos por cada unha das 15 categorías musicais e os 3 Premios Organistrum, que recoñecen a mellor Sala, o mellor Festival, e o mellor Espazo de Comunicación Musical; ademais da mención honorífica a toda a carreira artística de un/unha música/o galega/a. En total, estes galardóns botarán luz sobre 54 proxectos musicais galegos actuais e en activo, garantindo así a transcendencia mediática e o potencial tan diverso da música galega, así como a súa tradución ao mercado musical do momento, tanto o discográfico como o da música ao vivo.

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información